Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Lexislación relacionada

08-04-2020 - Coronavirus

Documentos de interese

07-04-2020 - Coronavirus

Recursos na rede

07-04-2020 - CORONAVIRUS

Actualización diaria datos COVID-19: estatal, autonómica, europea e internacional

07-04-2020 - Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias. MINISTERIO DE SANIDADE

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE

07-04-2020 - Coronavirus

Infografía GTCSL: Como actuar fronte ao coronavirus no teu traballo

25-03-2020 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Infografía interactiva sintética, para orientar a actuación dos traballadores/as e os/as seus representantes en materia de prevención fronte o risco de infección por coronavirus nos seus centros de traballo. Inclúe a través de ligazóns documentos preventivos aclaratorios e modelos de denuncia ante os organismos pertinentes

Orientacións preventivas fronte ao COVID-19 durante a XESTIÓN DE RESIDUOS

07-04-2020 - INSST

Neste documento recóllense as instrucións sobre xestión de residuos domésticos e de residuos procedentes de hospitais, ambulancias, centros de saúde, laboratorios, e establecementos similares, sen prexuízo do establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados.

As normas da OIT e o COVID-19 // O COVID-19 e o mundo do traballo: Repercusións e respostas

07-04-2020 - OIT

Nestes documentos a OIT presenta unha compilación de respostas ás preguntas máis frecuentes relacionadas coas normas internacionais do traballo e o COVID-19 e proporciona unha avaliación das posibles repercusións do Covid-19 propondo medidas a nivel político para mitigar esas repercusións

Prevención no SERVIZO DE EMPREGADAS DO FOGAR fronte ao coronavirus

06-04-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición este documento onde se indican unha serie de recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta no servizo de empregadas do fogar segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus e a idade e a diversidade funcional das persoas obxecto do servizo, así como unha infografía en formato cartel.

UNE facilita o acceso gratuíto ás súas normas para a fabricación de material contra o coronavirus

06-04-2020 - UNE

A Asociación Española de Normalización -UNE- tomou a iniciativa de ofrecer gratuitamente unha vintena de normas técnicas, que indican procesos para a fabricación de equipos de protección para uso dos sanitarios como roupa, máscaras ou luvas. Desta forma facilítase a súa produción nas mellores condicións para facer fronte á emerxencia sanitaria provocada polo Coronavirus COVID-19.

Napo colabora na loita contra a pandemia do COVID-19

06-04-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A mensaxe que envía NAPO nestes momentos aos millóns de traballadores/as esenciais que non poden teletraballar é sinxela: hai que lavarse as mans a miúdo para non propagar o virus inadvertidamente e axudar así a deter a pandemia.

Orientacións preventivas fronte ao COVID-19 no COMERCIO DE ALIMENTACIÓN, BEBIDAS E PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE

04-04-2020 - INSST

Orientacións preventivas fronte ao COVID-19 no TRANSPORTE, REPARTO E CARGA-DESCARGA DE MERCADORÍAS

04-04-2020 - INSST

Prevención na INDUSTRIA MANUFACTUREIRA fronte ao coronavirus

04-04-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición este documento onde se indican unha serie de recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta na industria manufactureira segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus, así como unha infografía en formato cartel.

Orientacións preventivas fronte ao COVID-19 no SECTOR INDUSTRIAL

03-04-2020 - INSST

Neste documento se recolle unha selección de recomendacións e medidas de contención adecuadas para garantir a protección da saúde dos traballadores/as fronte á exposición ao coronavirus SARS-CoV-2 no sector industrial.

Cinco formas de protexer ao persoal de saúde durante a crise do COVID-19

03-04-2020 - OIT

Cada día, o persoal sanitario de todo o mundo batalla dende a primeira liña para conter o virus e salvar vidas. As imaxes desas persoas loitando por salvar aos seus pacientes conmoveron ao mundo. A seguridade e saúde deste persoal é fundamental para que poidan realizar o seu traballo durante esta crise. Por tanto, a súa protección debe ser unha prioridade.

Guía de boas prácticas para os ESTABLECEMENTOS DO SECTOR COMERCIAL

03-04-2020 - MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

A Secretaria de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo elaborou esta Guía de boas prácticas que inclúe medidas de prevención xeral relativas á protección fronte ao COVID-19, hixiene persoal e do establecemento, con especial atención ás zonas comúns e de venda ao público.

Recomendacións de prevención no traballo fronte ao coronavirus 3ª actualización

02-04-2020 - ISSGA

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) elabora de acordo cos axentes sociais, a terceira actualización deste documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo Coronavirus.

Prevención no SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO fronte ao coronavirus

01-04-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición un novo documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas no SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO que se deben ter en conta, segundo as informacións das autoridades sanitarias, debido á situación de declaración de estado de alarma (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19

Orientacións preventivas no sector MARÍTIMO-PESQUEIRO e no sector AGRÍCOLA E GANDEIRO

01-04-2020 - INSST

O INSST pon a disposición dous novos documentos nos que se recollen recomendacións e medidas de contención adecuadas para garantir a protección da saúde dos traballadores, fronte á exposicón ao coronavirus SARS-CoV-2, trala declaración do Real Decreto de estado de alarma.

Riscos psicosociais e traballo distancia por COVID-19

01-04-2020 - INSST

O INSST pon a disposición o documento “Prevención de riscos psicosociais en situación de traballo a distancia debida ao COVID-19. Recomendacións para o empregador”

Actualización Código electrónico de normativa estatal e autonómica da Crise Sanitaria Covid-19

31-03-2020 - NORMATIVA

Como xestionar os residuos protectores procedentes de fogares con persoas illadas ou en corentena por COVID-19

31-03-2020 - RESIDUOS CORONAVIURS

A atención ás normas preventivas fronte ao COVID-19 tamén engloban os pasos seguintes á atención dos afectados, tanto infectados e illados, como persoas en corentena. Poderanse establecer recollidas diferenciadas dos refugallos procedentes de centros/lugares onde se dea un elevado nivel de afectados por COVID19 (residencias, hoteis hospitalizados, etcétera) mentres dure a crise.

Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2 (COVID-19) 30.03.2020

30-03-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Claves para un teletraballo eficaz durante a pandemia do COVID-19

30-03-2020 - OIT

Quen traballa a distancia polo xeral fano en períodos breves dun ou dous días á semana, pero o risco de contraer o virus impuxo agora esta forma de traballo a tempo completo a moitos traballadores. A continuación detállanse uns consellos prácticos para facer máis efectivo o traballo a distancia.

Real Decreto 476/2020, do 27 de marzo, POLO QUE SE PRORROGA ESTADO DE ALARMA declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

28-03-2020 - BOE

PRL vs COVID-19 - Compendio non exhaustivo de fontes de información

27-03-2020 - ISSGA

O obxectivo do presente documento é dobre: por unha banda, facilitar o acceso á información de prevención de riscos laborais máis relevante que o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social ten ao dispor dos profesionais; e, por outro, dar a coñecer os principais documentos técnicos publicados polo INSST, órganos competentes das comunidades autónomas, Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social, Axentes Sociais e por outros grupos de interese no ámbito da prevención de riscos laborais

Prevención nas obras de construción e prevención nas actividades forestais fronte ao coronavirus

27-03-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición dous novos documentos nos que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta, segundo as informacións das autoridades sanitarias, debido á situación de declaración de estado de alarma (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19

Guía de prevención e control fronte ao COVID-19 en residencias de maiores e outros centros de servizos sociais de carácter residencial

26-03-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Procedemento de actuación para os servizos de prevencion de riscos laborais fronte á exposición ao novo coronavirus (SARS-COV-2) 24 DE MARZO DE 2020

25-03-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Prevención na ATENCIÓN DE CHAMADAS TELEFÓNICAS fronte ao coronavirus

24-03-2020 - ISSGA

O ISSGA ven de publicar este documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas actividade de atención a chamadas telefónicas segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo Coronavirus, así como unha infografía en formato cartel.

Curso da OMS sobre Prevención e control de infeccións causadas polo novo coronavirus (COVID-19)

23-03-2020 - OMS

OpenWHO activou en liña, a formación, en varios idiomas incluído o español, do curso: "Prevención e control de infeccións causadas polo novo coronavirus". Este curso de capacitación diríxese aos traballadores/as e profesionais da saúde, e se centra na prevención e o control de infeccións.

Ante a crise sanitaria do coronavirus a Inspección de Traballo e Seguridade Social crea unha Unidade de Xestión específica para afrontar a incidencia do Covid-19 no ámbito laboral

23-03-2020 - ITSS

A Inspección de Traballo e Seguridade Social ( ITSS), ante a crise sanitaria motivada pola pandemia de coronavirus, modificou a súa organización para adaptarse á situación, reorganizando os seus recursos para dedicar todos os medios dispoñibles á atención da situación creada polo Covid-19 no ámbito laboral, en colaboración coas autoridades laborais e sanitarias.

Código electrónico de normativa estatal e autonómica da Crise Sanitaria Covid-19

23-03-2020 - Normativa

Neste Código dispoñemos dunha compilación de todas as normas estatais e autonómicas, permanentemente actualizadas, relacionadas coa crise sanitaria provocada polo covid-19

COVID19: Todo o que tes que saber sobre como o coronavirus afecta ás relacións laborais

19-03-2020 - CIG

Neste documento, a CIG dá resposta urxente a algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a incidencia da epidemia da doenza COVID-19 nas relacións laborais: obriga de traballar, baixas médicas, suspensións de contratos, etc. Como se producen mudanzas con moita rapidez, o documento está en continua actualización e revisión.

Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer frente ao impacto económico e social do COVID-19.

18-03-2020 - BOE

Recomendacións de prevención no traballo fronte ao coronavirus

17-03-2020 - ISSGA

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), elabora de acordo cos axentes sociais este documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo Coronavirus.

Resolución de 16 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Transporte Terrestre, pola que se exceptúa temporalmente o cumprimento das normas de tempos de condución e descanso nos transportes de mercadorías.

17-03-2020 - COVID-19

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

16-03-2020 - CORONAVIRUS

Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da CPAPX, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico COVID-19

16-03-2020 - CORONAVIRUS

Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se DECLARA O ESTADO DE ALARMA para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

16-03-2020 - CORONAVIRUS

Resolución do 12/3/20, pola que se lle da publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19.

13-03-2020 - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, COVID-19

13-03-2020 - CONSELLERÍA DE SANIDADE

Apróbase considerar accidente de traballo os períodos de illamento ou contaxio por COVID-19

11-03-2020 - PROTECCIÓN SOCIAL CORONAVIRUS

O BOE publica hoxe unha medida pola que se recoñece a “consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo dos períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia do virus COVID-19”.

Coronavirus. Preguntas e respostas. Que debemos facer se temos síntomas de coronavirus e outras 12 respostas médicas ás dúbidas máis frecuentes sobre o COVID-19

05-03-2020 - SAÚDE

O brote de enfermidade por coronavirus (COVID-19) deu pé a todo de tipo de falsos rumores que se estenden polas redes sociais incrementando o nerviosismo colectivo. A Organización Mundial da Saúde (OMS) desmente os rumores e aclara as dúbidas máis frecuentes.

GUÍA PARA A ACTUACIÓN NO ÁMBITO LABORAL EN RELACIÓN AO NOVO CORONAVIRUS

05-03-2020 - MINISTERIO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

Tal e como se manifesta nesta Guía, o obxectivo do presente documento é facilitar a información necesaria sobre a aplicación da normativa laboral en relación coas diferentes situacións nas que poden atoparse as empresas e as persoas traballadoras.

Procedemento de actuación para os servizos de prevencion de riscos laborais fronte á exposición ao novo coronavirus

04-03-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

Este documento, ao que deu traslado o INSST (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo), diríxese aos servizos de prevención que asesoran ás empresas cuxo persoal traballador pode contraer esta enfermidade como consecuencia do seu traballo, así, o seu ámbito de aplicación inclúe a todos os traballadores/as involucrados en traballos de asistencia sanitaria, así como o de transporte aéreo, marítimo e ferrocarril de longa distancia ou internacional, ou os colectivos de rescate. Corresponde á empresa avaliar o risco de exposición e seguir as recomendacións do seu servizo de prevención, que deberá estar atento e seguir as pautas e recomendación formuladas polas autoridades sanitarias.

Orientacións da OMS sobre o actual brote de enfermidade por coronavirus

02-03-2020 - SAÚDE

A OMS está colaborando estreitamente con expertos mundiais, gobernos e asociados para ampliar rapidamente os coñecementos científicos sobre este novo virus, rastrexar a súa propagación e virulencia e asesorar aos países e as persoas sobre as medidas para protexer a saúde e previr a propagación do brote na medida do posible. Neste artigo podes ver as orientación que a OMS achega do actual brote de enfermidade por coronavirus.

Información Coronavirus

06-02-2020 - SAÚDE

O virus de Wuhan é un novo coronavirus chamado 2019-nCov que se transmite de persoa a persoa e provoca enfermidades respiratorias, dende o arrefriado común ata a pneumonía aguda. Foi detectado por primeira vez fai menos dun mes.

Outros documentos de interese

05-02-2020 - GTCSL

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS