Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Directrices de boas prácticas no sector de ESTACIÓNS DE SERVIZO. Actualización 29 de xullo de 2020

30-07-2020 - INSST

O INSST pon a disposición a actualización das Directrices de boas prácticas no sector de ESTACIÓNS DE SERVIZO. As estacións de servizo son establecementos comerciais necesarios para a prestación da subministración de combustibles e carburantes. Polas súas especiais características, quedan excluídas destas Directrices, os servizos de restauración dispoñibles nalgúns establecementos

Neste documento recóllese unha selección non exhaustiva de recomendacións e medidas de contención adecuadas para garantir a protección da saúde dos traballadores/as fronte á exposición ao coronavirus SARS-CoV-2 no Sector das Estacións de Servizo.

Con carácter máis xeral deben considerarse tamén as recomendacións para a volta ao traballo recollidas no documento “Boas prácticas nos centros de traballo. Medidas para a prevención do  contagios do  COVID-19”,  así como os criterios xerais que se establecen no “Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao novo coronavirus ( SARS- COV-2)”

Directrices de boas prácticas no sector de ESTACIÓNS DE SERVIZO. Actualización 29 de xullo de 2020

Tes ACTUALIZADAS á túa disposición na nosa páxina web estas e outras DIRECTRICES E RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS