Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Recomendacións para a apertura da actividade nas piscinas trala crise do COVID-19

15-05-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

O Ministerio de Sanidade pon a disposición este documento elaborado para establecer as recomendacións sanitarias mínimas para a apertura das piscinas definidas no Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, co fin de minimizar o potencial de transmisión de COVID-19 e proporcionar un ambiente seguro e saudable nestas instalacións.

Os obxectivos do presente documento técnico son: proporcionar normas para o uso das instalacións de piscinas e definir procedementos sinxelos de limpeza e a desinfección de instalacións de piscinas para garantir uns niveis adecuados de protección da saúde dos usuarios.

Co presente informe preténdese responder ás seguintes cuestións:

1. Virus SARS- CoV-2 nas piscinas.

2. Actuacións antes de abrir cada unha das piscinas.

3. Medidas preventivas cando estea aberta a piscina

Para a elaboración documento tivéronse en conta as recomendacións dos expertos, das autoridades competentes das Comunidades e Cidades Autónomas así como as recomendacións do sector da piscina.

Ligazón ao documento: Recomendacións para a apertura da actividade nas piscinas trala crise do COVID-19

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS