Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Guía de boas prácticas para os ESTABLECEMENTOS DO SECTOR COMERCIAL

03-04-2020 - MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

A Secretaria de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo elaborou esta Guía de boas prácticas que inclúe medidas de prevención xeral relativas á protección fronte ao COVID-19, hixiene persoal e do establecemento, con especial atención ás zonas comúns e de venda ao público.

A Guía dá resposta ás inquietudes e dúbidas xeradas no sector comercial e quere axudar á adopción das medidas máis adecuadas que garantan a seguridade do persoal e dos clientes. Para iso, tivéronse en conta as instrucións e recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade e incorporáronse propostas de asociacións e sindicatos.

A Guía é ampla no seu ámbito de aplicación e recolle un conxunto de recomendacións de fácil comprensión que van dirixidas aos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e produtos  ortopédicos, produtos hixiénicos, prensa e papelería, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tinturerías e lavanderías, de acordo co establecido polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19.

Ligazón á "Guía de boas prácticas para os establecementos do sector comercial"

Na seguinte ligazón da nosa páxina web, podes atopar máis informormación relativa a DIRECTRICES E RECOMENCIÓNS PREVENTIVAS POR SECTOR E/OU ACTIVIDADE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS