Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Como xestionar os residuos protectores procedentes de fogares con persoas illadas ou en corentena por COVID-19

31-03-2020 - RESIDUOS CORONAVIURS

A atención ás normas preventivas fronte ao COVID-19 tamén engloban os pasos seguintes á atención dos afectados, tanto infectados e illados, como persoas en corentena. Poderanse establecer recollidas diferenciadas dos refugallos procedentes de centros/lugares onde se dea un elevado nivel de afectados por COVID19 (residencias, hoteis hospitalizados, etcétera) mentres dure a crise.

As seguintes recomendacións deben seguirse, do mesmo xeito que nos centros sanitarios, nos fogares de confinamento con enfermos pola nova pneumonía:

1.- O equipo de prevención individual (EPI) do persoal sanitario, excepto lentes e máscara, e calquera outro residuo procedente do paciente (luvas, panos, máscaras…), tense que refugar no cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura.

2.- A bolsa de plástico onde se tiren os residuos debe ter peche hermético e pecharse antes de sacarse da habitación.

3.- O persoal que atenda aos enfermos retirará máscara e lentes unha vez que saia da habitación do paciente. Á beira da porta de saída do cuarto haberá un recipiente, tamén con tapa e pedal, para recoller estes refugallos. A bolsa que os conteña tamén terá que ser de plástico con peche hermético e estar pechada antes de sacala do cubo. Poden ir á fracción resto do lixo urbano.

4.- Os residuos do paciente depositaranse, introducidos nunha segunda bolsa pechada hermeticamente antes de sacala do cubo, no contedor de fracción resto. Esta fracción envíase directamente a entulleira ou á incineradora sen apertura ou tratamento previos.

5.- Bolsas identificadas. As bolsas que conteñan residuos de material de protección do persoal sanitario que trata ou atende a persoas con COVID-19 ou dos propios enfermos identificaranse  externamente. Unha opción é utilizar cinta illante de cor ou un recurso adhesivo similar.

6.- Regulación autonómica. A xestión de residuos, por último, debe seguir, ademais, os requisitos establecidos na regulación autonómica habitual sobre residuos sanitarios.

Fonte: prevencionintegral.com

Dende a ligazón podes acceder á Orde SND/271/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen instrucións sobre xestión de residuos na situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS