Financiado por:
Novidades lexislativas:
DOG 23/11/22 DOG 23/11/22 RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, protección das persoas traballadoras durante o embarazoBOE 20/10/22 Lei 21/2022, creación fondo compensación vítimas amiantoDOUE 30/11/22 Recomendación (UE) 2022/2337 da Comisión, relativa á lista europea de enfermidades profesionais
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Guía práctica para a negociación de plans de igualdade 2022

30-11-2022 - CIG-Confederación Intersindical Galega

Esta guía da CIG nace coa vontade de solucionar as dúbidas máis frecuentes que atopamos durante o proceso de negociación de plans de igualdade e, ao tempo, de ofrecer solucións a aqueles aspectos máis controvertidos do novo desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade

O CXPX, a Fiscalía Xeral do Estado e os Ministerios de Xustiza, Interior e Traballo asinan un convenio para combater a sinistralidade laboral e evitar a impunidade dos seus responsables

29-11-2022 - SINISTRALIDADE

O Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e os Ministerios de Xustiza, Interior e Traballo subscribiron un convenio de colaboración que permite axilizar a detección e alerta ante os accidentes de traballo graves e garante así a eficacia da investigación sobre as súas causas e o axuizamento dos seus responsables

Guía de Seguridade e Saúde en centros educativos

28-11-2022 - UNIÓN DE MUTUAS

Nesta guía faise referencia aos riscos que pode atopar o profesorado, entre os que destacaría o risco ergonómico e o risco de carga física, mental e emocional, así como do resto do persoal que pode traballar nun centro docente -como o persoal de cociña, limpeza, mantemento, administración, etc.-, dándose a coñecer as medidas e recomendacións para facerlles fronte e poder traballar de forma segura

25 de Novembro: Traballo digno e sen violencias

25-11-2022 - CIG-Confederación Intersindical Galega

"Traballo digno e sen violencias" é o lema baixo o que a secretaría das Mulleres da CIG conmemora este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña a través da que se pretende denunciar a actitude de permisividade da patronal ante as situacións de acoso que padecen moitas mulleres nas súas empresas, chegando mesmo a ser utilizadas como mecanismo coercitivo coas traballadoras

Efectividade das medidas preventivas na contencion da pandemia da COVID-19

24-11-2022 - MINISTERIO DE SANIDADE

A evolución dos acontecementos e o esforzo conxunto da comunidade científica mundial, están a xerar gran cantidade de información que se modifica rapidamente con novas evidencias. Estes documentos pretenden facer un resumo analítico da evidencia científica dispoñible ao redor das medidas de prevención recomendadas para a redución da transmisión e a contención da pandemia

Resolución do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican diversos acordos adoptados pola Mesa sectorial de negociación en materia de protección das persoas traballadoras durante o embarazo

23-11-2022 - LEXISLACIÓN IGUALDADE

Decálogo para evitar o impacto da enfermidade cardiovascular na contorna laboral

22-11-2022 - SAÚDE LABORAL

A enfermidade cardiovascular está detrás do 39% das mortes por accidentes en xornada laboral en España, segundo o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.Os datos falan por si sós. A enfermidade cardiovascular é, segundo o último informe do Instituto Nacional da Seguridade Social, a primeira causa por accidente de traballo en xornada laboral no Estado. Ademais, é responsable do 12% das baixas laborais, o que a sitúa, tras o cancro, como a segunda causa cunha maior duración media de incapacidade laboral (130 días).

Plan de Choque contra os accidentes mortais na Actividade de Transporte de Mercadorías por Estrada: Prevención de accidentes en roteiro, zonas de carga e descarga 2022

21-11-2022 - INSST

Este documento recolle os datos de sinistralidade neste sector; analiza os accidentes producidos en roteiro, en zonas de almacenamento, carga e descarga; e propón medidas para a prevención de accidentes por patoloxías non traumáticas para o colectivo que traballa neste sector.

Como xestionar os riscos psicosociais na túa empresa

18-11-2022 - OSALAN

Osalan, pon a disposición esta guía, dirixida ás persoas empresarias, delegados e delegadas de prevención, persoal técnico dos diferentes servizos de prevención, persoas traballadoras, etc. co obxectivo de que poida servir de orientación e asesoramento sobre como xestionar os riscos psicosociais nas organizacións para conseguir unha mellora nas condicións de traballo, e desta maneira, mellorar a saúde e benestar das persoas traballadoras.

Indice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. OUTUBRO 2021 SETEMBRO 2022

17-11-2022 - INSST

Comparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre OUTUBRO 2021 SETEMBRO 2022

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS