Co financiamento de:
/ Riscos emerxentes 55
Guía T+55Xestión da idadePromoción da Saúde no Traballo

A Xestión da idade e a prevención dos riscos laborais

29-03-2022 - OSALAN

Este texto vén supoñer unha ampliación doutro anterior, “O envellecemento da poboación traballadora. Balance crítico e propostas de mellora”, que se publicou en 2018 polo Observatorio Vasco sobre o Acoso e a Discriminación e OSALAN. Nesta nova publicación, preténdese avanzar na prevención propoñendo medidas e actuacións para os riscos no traballo que poden influír na saúde de diversas maneiras en función da idade.

Prolongación forzada da vida laboral e desemprego estrutural da xente nova: un novo crime social do neoliberalismo

05-10-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 40

É un feito constatable que a poboación Europea está a envellecer progresivamente de tal xeito que a proporción de poboación traballadora de máis de 55 anos se incrementou do 25% de 1990 a un 30% do ano 2010, estimándose que no ano 2060 esta proporción acadará a significativa cifra do 40%.

Un decenio de acción para un envellecemento saudable e unha vida laboral máis saudable

25-02-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A man de obra envellecida e en diminución supón un importante desafío en Europa: para 2030, espérase que as persoas traballadoras de entre 55 e 64 anos representen o 30% ou máis da man de obra. Mentres tanto, moitas persoas abandonan o mercado laboral moito antes de alcanzar a idade de xubilación.

Guía para a xestión dos riscos psicosociais na actividade de coidado de persoas maiores

21-09-2020 - INSST

A guía ten por obxectivo establecer as principais relacións entre a exposición a factores de risco psicosocial e as súas posibles repercusións sobre a saúde, así como orientar a xestión de tales riscos, ofrecendo para iso unha relación dos principais factores de risco psicosocial a considerar e un elenco de posibles medidas preventivas. Todo iso coa finalidade de eliminar, reducir ou controlar o risco psicosocial a que está exposto o colectivo de coidadoras e minimizar os posibles danos á saúde.

Guía para a xestión da saúde, do benestar e da adaptación do posto de traballo en traballadores de maior idade

27-12-2019 - IBV-INSST

Froito da colaboración co INSST acaba ver a luz unha publicación elaborada polo Instituto de Biomecánica (IBV) na que se recollen recomendacións para levar a cabo unha boa xestión do envellecemento que afecta á poboación traballadora.

Os traballadores/as maiores e a prevención de riscos laborais: “Revisión da investigación sobre as consecuencias do envellecemento da poboación activa para a seguridade e a saúde no traballo (SST)”. Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. OSHA-UE

11-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 35

O presente artigo recolle as recomendacións realizadas pola UE aos seus Estados membros en materia de políticas de seguridade e saúde no traballo co gallo de facilitar a prolongación da vida laboral dos traballadores/as de maior idade, mellorando a sostibilidade do propio traballo a través da aplicación de medidas en materia de prevención de riscos e saúde laboral que teñan moi en conta o factor idade.

Proxecto europeo para mellorar a saúde laboral dos traballadores e traballadoras maiores de 50 anos

01-03-2019 - Instituto Tecnolóxico de Castela e León, ITCL

O proxecto europeo “Working Age”, nace co fin de promover hábitos saudables nas persoas tanto na súa contorna de traballo como nas actividades da vida diaria; está dirixido a traballadoras e traballadores maiores de 50 anos, tendo en consideración a tendencia de incremento da idade laboral que existe en toda Europa.

Traballo máis seguro e saudable a calquera idade: seguridade e saúde no traballo (SST) no contexto dunha man de obra que envellece

20-01-2017 - EU-OSHA

Proxecto iniciado e financiado polo Parlamento Europeo e realizado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. No mesmo ofrécese unha visión xeral dos problemas relacionados co envellecemento, o traballo e a SST, así como unha análise das políticas e as iniciativas que abordan o envellecemento da poboación activa en Europa. O proxecto tamén ten en conta o estudo de Eurofound sobre o traballo sustentable.

Hábitos saudables no traballo, por que?

23-11-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Os hábitos saudables son aquelas condutas e comportamentos que temos asumidos como propios e que inciden de xeito directo no noso benestar físico, mental e social. En poucas palabras, son aquelas rutinas que realizamos habitualmente e que son boas para nós dende un punto de vista da saúde (física, mental e social).

T+55 : Experiencia infravalorada

10-10-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Aínda hoxe en día a renovación das plantillas das empresas enfócase como norma xeral ao rexuvenecemento dos traballadores/as, aproveitando a lexislación laboral existente que permite a través de distintos procedementos e a un custe económico moderado, sustituir aos traballadores/as de maior idade por traballadores/as mozos, con menor retribución salarial e menos dereitos laborais efectivos. Hai xa moito tempo, é seguemos nas mesmas, que a solución sempiterna que as empresas poñen enriba da mesa á hora de proceder a realización de “axustes” de emprego, consiste en “adiantar”, dunha ou outra maneira, a saída dos traballadores/as maiores de 55 anos do mundo laboral.

Alimentación saudable, importancia da hidratación

22-09-2016 - Traballadores/as maiores de 55

Un dos bloques principais das accións postas en práctica polas empresas nos seus proxectos na Promoción da Saúde no Traballo está relacionado cos bos hábitos de alimentación. Unha alimentación saudable axuda a evitar enfermidades como a diabete, hipertensión, hipercolesterolemia, obesidade, gota, carie, cancro (principalmente colon e estómago) ou osteoporose. En moitos casos, estas enfermidades maniféstanse en idades avanzadas, pero poden ser consecuencia de malos hábitos alimentarios ao longo da vida.

Xénero e envellecemento no eido laboral: unha aproximación dende a prevención de riscos laborais

23-08-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

No presente artigo pretendemos aproximarnos ás consecuencias sobre a saúde que no eido laboral ten a intersección entre xénero e envellecemento, así como esbozar algúns apuntamentos sobre as actuacións ao respecto no ámbito da prevención de riscos laborais.

T+55 O traballo en quenda de noite

12-08-2016 - Traballadores/as maiores de 55

O traballo realizado en quenda de noite remata en practicamente todos os casos por ser un traballo fatigante, consecuencia entre outros factores dun descanso diúrno de pouca calidade e insuficientemente reparador, debido en gran medida á alteración das constantes biolóxicas características do noso ritmo circardiano: temperatura corporal, consumo de osíxeno, ton muscular, frecuencia cardíaca, etc. Quenda horaria que supón que o/a traballador/a desenvolva as súas funcións laborais nunha franxa horaria na que se produce unha merma funcional tanto a nivel fisiolóxico como psicomotriz, coas consecuentes implicacións en termos de seguridade e saúde laboral.

O ICT, axuste da capacidade de traballo.

29-07-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A dimensión que ten adquirido o concepto de saúde nos últimos anos (bo estado físico, mental e social), incorpora a influencia das condicións de traballo como compoñentes fundamentais da calidade de vida. De aí que dentro da seguridade e saúde laboral un desafío importante consista en saber se existen factores influentes que poidan estimular ou impedir o desenvolvemento das tarefas dos traballadores e traballadoras ao longo da súa vida laboral e condicionar a súa saúde no futuro.

T+55 Un valor engadido

21-07-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Dabondo sabemos que o proceso de avellentamento ten consecuencias sobre o corpo e a mente que repercuten na vida das persoas, tanto na persoal como na laboral. Resulta habitual pensar que todas as capacidades humanas decaen coa idade pasada a trintena, incluída a intelixencia. Tendo en conta un punto de vista simplemente ergonómico, o deterioro asociado aos traballadores/as maiores xera algúns problemas na súa relación co entorno de traballo

Paro e prolongación da vida laboral

15-07-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A taxa de emprego das persoas maiores de 55 anos aumentou levemente no Estado español a case un 47% no ano 2015. Segundo indica o IEE , a taxa de emprego da poboación con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos subiu levemente no conxunto de países da UE-28. A media pasa dun 51,8% en 2014 a un 53,3% en 2015. A pesares do pequeno aumento, a taxa de emprego das persoas maiores segue a estar moi por debaixo da media comunitaria do 70,1% correspondente ao conxunto da poboación en idade de traballar. Para o Estado español, a taxa de emprego das persoas maiores de 55 anos subiu dende o 44,3% en 2014 a un 46,9% no 2015. Isto quere dicir que, de todas as persoas maiores de 55 anos, menos da metade están en activo. Máis da metade destas persoas maiores de 55 anos deixan o traballo antes da idade de xubilación obrigatoria, por unha ou outra razón.

Recomendacións de exercicio físico para maiores de 55

01-07-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A realización de actividade física sistemática e controlada é unha clara ferramenta de influencia positiva para preservar, conservar e promover os múltiples factores que interveñen no mantemento dun corpo san ao longo dos anos. Até finais dos anos noventa, as recomendacións de exercicio físico para adultos e maiores eran as mesmas, condicionando que capacidades coma o equilibro, quedasen excluídas dos programas de adestramento.

O avellentamento e as capacidades físicas

29-06-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

O avellentamento produce unha involución das capacidades físicas que orixina un deterioro físico e unha redución da funcionalidade persoal. O proceso de avellentamento non é igual en todas as persoas, depende de cada un, pero a práctica de exercicio físico ten demostrado ser unha ferramenta eficaz para atenuar e retardar o avellentamento, máis só se este se realiza de xeito regular e coa intensidade axeitada. Na actualidade, a mellora dos estudos relacionados coas ciencias do deporte e asociados aos diagnósticos médicos, permiten estabelecer prescricións de exercicio físico axeitadas ás condicións particulares das persoas segundo a súa idade e estado de saúde.

T+55: Valoración da capacidade funcional para o traballo (III)

23-06-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Como consecuencia do deterioro e limitación das súas condicións físicas, nunha cuarta parte dos casos os/as traballadores/as maiores de 55 anos (T+55) vense obrigados a diminuír a carga e a intensidade do seu traballo. O proceso de envellecemento asóciase a unha maior prevalencia do deterioro sensitivo, constintuíndo un factor cunha notable importancia no incremento das posibilidades de ter un accidente de traballo.

Corpo san, mente sa e traballo saudable despois dos 55

17-06-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A conduta sedentaria estableceuse como a propia da forma de vivir, consumir e traballar nas sociedades avanzadas. A evolución dos sistemas de transporte, a tecnoloxía laboral, os novos modos de ocio… todo colabora para que todos e todas -pequenos e maiores- asuman como válidos comportamentos claramente sedentarios. Esta conduta sedentaria establécese até tal punto que as enfermidades asociadas á inactividade física convértense nun dos maiores problemas de saúde pública na meirande parte dos países do mundo segundo datos da OMS.

As políticas de retorno ao traballo (III). Implantación dos programas de volta ao traballo. Conclusións

10-06-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Para deseñar e poñer en práctica estes programas contémplase a presenza de asesores e persoal especializado na materia que analice, planifique, poña en práctica e avalíe os resultados.

As políticas de retorno ao traballo (II). Liñas de actuación dos programas de volta ao traballo

08-06-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Dende a ISSA (International Social Security Association) teñen elaborado unhas directrices para a xestión das políticas de volta ao traballo. A Guía “Return to Work and Reintegration” basease nun coñecemento en profundidade da cuestión e no desenvolvemento dunha infraestrutura legal e de xestión que inclúe a incorporación (en empresas e institucións) de profesionais especializados que poidan xestionar a reincorporación ao mercado laboral de persoas que padecen algunha lesión, incapacidade ou enfermidade, de orixe laboral ou non, o máis pronto posible.

As políticas de retorno ao traballo (I)

06-06-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Nas circunstancias actuais e coa estratexia europea 2020 en marcha, os cidadáns europeos deberán traballar máis tempo. Coa finalidade de evitar que se produza unha situación na que o aumento da idade de xubilación dea lugar a un incremento das xubilacións anticipadas e das pensións por incapacidade, dende a UE, comezan a desenvolverse medidas no lugar de traballo encamiñadas a apoiar os cambios no sistema de pensións así como estimular ás persoas para que sigan traballando até a súa idade de xubilación.

T+55: Valoración da capacidade funcional para o traballo (II)

31-05-2016 - TRABALLADORES MAIORES DE 55

En todas as persoas como consecuencia da idade a mobilidade das articulacións vese progresivamente limitada, producíndose incluso a partires dos 50 anos un notable incremento na incidencia dos procesos artríticos, con importantes repercusións funcionais en termos de mobilidade, así como unha progresiva perda muscular e diminución da masa corporal que na práctica supón unha baixada da forza muscular.

T+55: Valoración da capacidade funcional para o traballo (I)

27-05-2016 - TRABALLADORES MAIORES DE 55

A valoración da capacidade funcional dos/as traballadores/as maiores de 55 anos (a partir de agora T+55) resulta esencial á hora de establecer o estado das súas capacidades físicas e aptitudes laborais. Factores como carga física asociada ao traballo, efectos na saúde a longo prazo como consecuencia da prolongación da vida laboral ou o propio proceso de envellecemento, determinarán en gran medida os posibles cambios psicofísicos que deberemos ter en conta.

Nanomateriais, novos desafíos

18-05-2016 - TRABALLADORES MAIORES DE 55

A investigación e produción de nanomateriais é unha área en continuo crecemento nos últimos anos polo gran potencial que estes representan. Abriron un eido de investigación inmenso debido a que os elementos coñecidos, levados a unha escala nanométrica, presentan propiedades físicas e químicas totalmente diferentes a eses mesmos elementos en escala macroscópica polo que se presenta un amplo rango de aplicacións no que o tamaño físico da partícula pode proporcionar unhas propiedades eléctricas, magnéticas, catalíticas ou de comportamento mecánico, distintas e/ou melloradas.

Saúde, xubilacións e seguridade

16-05-2016 - TRABALLADORES MAIOSES DE 55

Hoxe por hoxe en algún dos estados membros da UE estanse a implementar diversas políticas tendentes a alongar a permanencia no traballo das persoas de maior idade, partindo iso si de premisas distintas dende o punto de vista dos dereitos sociolaborais e a liberdade dos/as traballadores/as.

Campaña "Lugares de traballo saudables en cada idade"

11-05-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir.

T+55: Necesidade de emprego de boas prácticas nas empresas

06-05-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A idade é un dos motivos polos que a saúde das persoas tende a deteriorarse, sobre todo no relacionado coas funcións sensoriais e cognitivas en xeral; no colectivo de traballadores/as de máis idade a posible diminución de capacidades pode elevar a probabilidade de sufrir un accidente laboral. Neste senso a organización do traballo é un factor fundamental á hora de ter en conta o benestar e a calidade de vida laboral unha vez cumprida certa idade.

Traballadores/as de idade avanzada: xubilación e traballo

02-05-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Como xa fixemos en ocasións anteriores, o presente artigo ten por obxecto recomendar a lectura e análise dun documento que recolle unha serie de conclusións que nos parecen moi axeitadas en relación aos contidos que tratamos nesta área adicada a traballadores/as maiores de 55 anos. Tratase dun documento elaborado por Yolanda Sánchez-Urán Azaña, Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid. Nel analízanse as analoxías pero á vez as complicacións legais que comportan, debido ao deseño da lexislación laboral no dereito español, as medidas que se teñen implementado dende o Goberno para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores/as de maior idade.

A discriminación por idade. (Marco legal)

26-04-2016 - TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55

Se nos preguntasen cal é a primeira causa de discriminación laboral no estado español, seguramente responderiamos que é a discriminación sexista. Con todo, segundo un estudo sobre os perfís da discriminación en España que analiza os datos do CIS no ano 2014, entre as persoas con experiencia laboral que sinalaron ter sido discriminadas por ser deixadas de contratar, o 48,3% manifestaron ter sido vítimas de discriminación laboral por idade e o 39,8% por motivo de sexo.

Envellecemento e prevención de riscos laborais

14-04-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Para a elaboración deste documento centramos a nosa atención sobre un texto titulado “Envejecimiento y prevención de riesgos laborales” elaborado por Mikel Urrutikoetxea Barrutia. Neste traballo, pese a ser do ano 2011, podemos atopar aspectos de plena actualidade na temática que nos ocupa. Resulta de interés a reflexión que realiza sobre o envellecemento dos traballadores/as e a prevención de riscos laborais, facendo fincapé na regulación normativa sobre traballadores/as especialmente sensibles e introducindo un termo que consideramos “interesante” á hora da abordaxe das técnicas preventivas con traballadores/as maiores que é o de “Traballadores Veteranos”.

As posturas forzadas e a vixilancia da saúde nos traballadores/as maiores de 55 anos

01-04-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

As posturas de traballo incorrectas e/ou inaxeitadas supoñen un dos factores de risco máis frecuentes nos/as traballadores/as maiores de 55 anos, derivando en demasiadas ocasións en importantes e incapacitantes trastornos musculoesqueléticos. Son moitas as veces nas que ao longo da súa xornada laboral un traballador/a, debe adoptar posturas inaxeitadas que rematan por afectar aos seus músculos e articulacións, provocando dende pequenas molestias ata lesións cronificadas e altamente incapacitantes.

Riscos novos e riscos emerxentes: T+55

23-03-2016 - Traballadores/as maiores de 55

En termos xerais é indubidable que os accidentes de traballo son máis susceptibles de producirse en certos sectores de actividade, consecuencia en moitos casos da realización de certas tarefas profesionais que levan asociadas no seu desenvolvemento un potencial maior nivel de risco.

T+55 Aspectos a valorar na avaliación preventiva

18-03-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

Ante as novas tendencias demográficas que nos dirixen cara a un envellecemento constante da poboación, compre que as persoas que realizan as avaliacións de riscos nas empresas, ben sexan técnicos do SPP ou dun SPA, teñan en conta este aspecto, xa que este envellecemento está causando cambios que repercuten directamente no ámbito laboral. Como factor de risco temos que ter en conta que o envellecemento fai referencia a un conxunto de procesos biolóxicos que diminúen as capacidades físicas dos traballadores/as e que en certo modo limita a adaptación do organismo ao medio, así como a súa capacidade de resposta ante diversas esixencias do mesmo e que pode ter unha relevancia fundamental cando falamos de actividade laboral.

T+55 Apuntes para abordar unha avaliación de riscos

10-03-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

O progresivo envellecemento da poboación traballadora supón un importante desafío en termos das necesarias políticas preventivas a desenvolver tanto no ámbito europeo, como no estatal e autonómico, mais aínda se acaso ao nivel das empresas. Un envellecemento consecuencia do progresivo deterioro psicofísico que se vai producindo co incremento da idade e que remata por supoñer unha diminución das capacidades psicosomáticas dos/as traballadores/as, limitando as súas posibilidades de adaptación ás condicións de traballo, así como mermando a súa capacidade de resposta ás esixencias e demandas das tarefas que até entón viñan desenvolvendo sen dificultade.

Os servizos de prevención alleos e a atención aos traballadores/as maiores de 55 anos

04-03-2016 - Traballadores/as maiores de 55

No momento no que se inicia un proceso de avaliación inicial dos riscos nunha empresa, deberánse ter en conta aspectos fundamentais como a idade dos traballadores e traballadoras, para así poder adoptar as medidas necesarias relativas á PRL xa na fase de deseño da mesma; se se trata de porcesos de revisión da avaliación existente, é preciso ter en conta no procedemento de revisión a posibilidade de que os postos de traballo a avaliar poidan estar ocupados por traballadores/as maiores no momento presente ou nun futuro.

Necesidade de novos enfoques preventivos

26-02-2016 - Traballadores/as maiores de 55.

A poboación dos países economicamente desenvolvidos está envellecendo, o que implica que os traballadores e traballadoras de idade avanzada son unha porcentaxe crecente de man de obra. Este aspecto suscita moitas controversias se o analizamos dende a perspectiva da Prevención de Riscos Laborais, posto que se o obxectivo de emprego da estratexia Europa 2020 é o de aumentar a taxa de emprego da poboación de entre 20 e 64 anos, este obxectivo implicará que un 75% dos traballadores e traballadoras de maior idade en Europa terán que traballar durante máis tempo.

Seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes

23-02-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Coa apertura e posta en marcha deste espacio web: “Seguridade e saúde laboral para traballadores maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes”, damos comezo a unha modesta iniciativa de análise e información da problemática que afecta aos traballadores maiores de 55 anos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Este espazo web, ubicado dentro da plataforma www.cigsaudelaboral.org, disporá progresivamente dunha estructura de contidos e recursos específicos sobre riscos, riscos novos e emerxentes, e habitos saudables referidos a este colectivo.

Riscos emerxentes e novos modelos de prevención nun mundo de traballo en transformación.

21-12-2010 - Dia mundial da seguridade e a saúde no traballo. OIT 28 Abril 2010

Nas últimas décadas tiveron lugar importantes avances tecnolóxicos no lugar de traballo, os cales, xunto coa rápida globalización, transformaron o traballo para moitas persoas en todo o mundo. Os efectos dos devanditos cambios na seguridadee a saúde no traballo (SST) tamén foron notorios. Nalgúns casos, reducíronse ou eliminado perigos e riscos máis tradicionais, por exemplo, a través da automatización industrial, pero as novas tecnoloxías tamén crearon novos riscos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS