Conserveiras: a loita obreira das mulleres04-02-2013 - IGUALDADEAs traballadoras da conserva están en pé de guerra. Para alén do conflito en Cuca, empregadas/os de Alfageme pecháronse tres horas na consellaría de Industria. O 20 de decembro de 2012 a Xunta adquiriu as naves e a marca Miau en poxa xudicial. Porén, a finais desta semana a maquinaria podería ser vendida directamente polos administradores concursais, o cal impediría a continuidade da actividade. Contámosche o conflito nesta reportaxe |
---|
Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC.27-12-2010 - (2009-2011)Unha das primeiras medidas da Vicerreitoría de Calidade e Planificación neste mandato foi a creación da Oficina de Igualdade de Xénero. Con esta decisión a USC ten sido pioneira no establecemento dun organismo de igualdade na súa organización adiantándose á normativa estatal vixente (LO 4/2007). A oficina, creada a finais do curso 2005-2006, ten como misión fundamental levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade, asumindo os principios de igualdade de xénero como elementos fundamentais da vida universitaria. |
---|
Seguridade e saúde no traballo para homes e mulleres01-11-2010 - Artigos de interes IgualdadeFormal ou informal, remunerado ou non, o traballo ocupa un lugar central na vida das persoas, en todas partes do mundo. A través do traballo, homes e mulleres definen a súa identidade e a súa función na sociedade. Pero a pesar dos ingresos e satisfaccións persoais que a moitos proporciona, tamén pode entrañar perigos e riscos para a saúde e a seguridade.Segundo estimacións da OIT, ano tras ano ao redor de 2.300.000 homes e mulleres perden a vida por mor de accidentes laborais e enfermidades profesionais, incluíndo case 360.000 por accidentes fatais e 1.950.000 por enfermidades mortais relacionadas co traballo. |
---|
Muller e Traballo indicadores de desigualdade01-11-2010 - Artigos de interes IgualdadeCando se detectan problemas de saúde entre traballadoras, existe a tendencia xeneralizada de atribuílos a falta de axuste ao traballo, factores hormonais ou subxectividade. Aínda que existen sectores de emprego claramente feminizados, nos sectores non feminizados prodúcese unha franca división de labores segundo o sexo dos traballadores. |
---|