Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Chaves para a prevención da COVID-19 na túa empresa

06-11-2020 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición a guía e o folleto sobre prevención da COVID-19 na empresa. A guía contén 23 preguntas que foron identificadas e seleccionadas pola súa relevancia e reiteración nas consultas que se reciben a diario no ISSGA. O folleto é un resumo da guía e nel recóllense as dúbidas máis importantes para saber xestionar os supostos que se poden dar no ámbito laboral de xeito resumido.

O contido está dividido en dous grandes bloques. Un contén preguntas destinadas a dar pautas de actuación ante unha sospeita por síntomas compatibles coa COVID-19, seguimento dos contactos e casos positivos nun centro de traballo. E o segundo bloque recolle medidas para a separación física con ante paros ou pantallas faciais, uso correcto da máscara, uso de luvas, ventilación e tratamentos de desinfección.

Pola súa banda, o folleto, 7 chaves para a prevención da COVID-19 na túa empresa é un resumo da guía e nel recóllense as dúbidas máis importantes para saber xestionar os supostos que se poden dar no ámbito laboral de xeito resumido.

Ligazón á Guía Chaves para a prevención da COVID-19 na túa empresa

Ligazón ao Folleto 7 chaves para a prevención da COVID-19 na túa empresa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS