Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Claves para un teletraballo eficaz durante a pandemia do COVID-19

30-03-2020 - OIT

Quen traballa a distancia polo xeral fano en períodos breves dun ou dous días á semana, pero o risco de contraer o virus impuxo agora esta forma de traballo a tempo completo a moitos traballadores. A continuación detállanse uns consellos prácticos para facer máis efectivo o traballo a distancia.

O teletraballo non é adecuado en toda circunstancia ou para todo tipo de postos. Con todo, se se practica correctamente, pode ser un compoñente importante da resposta á pandemia do  COVID-19. A continuación detállanse uns consellos prácticos para facer máis efectivo o traballo a distancia.

Respaldo dos directivos; dende os altos directivos ata os supervisores principais. As investigacións demostraron que a resistencia dos directivos ao teletraballo é un importante obstáculo para que esta práctica sexa eficaz. Dirixir eficazmente a quen traballa a distancia esixe un enfoque de xestión baseado nos resultados. Iso supón definir metas, obxectivos e tarefas, e logo supervisar e falar dos progresos, sen impoñer excesivas presentacións de informes. Debido a que neste momento moitas escolas e garderías están pechadas, cabe realizar algúns axustes ás metas de rendemento de quen traballa a distancia e teñen responsabilidades de coidados.

Ferramentas e formación apropiadas. Isto inclúe ter acceso ao equipo adecuado, como un computador portátil e aplicacións para  teletraballar, asistencia técnica suficiente, e formación, tanto para os directivos como para quen traballa a distancia. Dado o risco real de illamento social vinculado ao teletraballo a tempo completo, debe facerse todo o posible para que o traballador/a permaneza en contacto cos supervisores, os compañeiros e a institución no seu conxunto.

Expectativas claras. É necesario que todas as partes saiban que se espera dos que traballan dende as súas casas, as súas condicións de emprego, a súa dispoñibilidade horaria, e como supervisar a evolución e informar dos resultados. Por exemplo, é esencial establecer regras básicas claras sobre cando o persoal ten ou non ten que estar dispoñible para traballar; e respectalas.

Poder controlar o seu tempo. O teletraballo pode ofrecer flexibilidade aos traballadores/as para facer as súas tarefas no horario e o lugar que máis lles conveña, a condición de que permanezan a disposición no horario normal de traballo da institución. Esta flexibilidade é esencial para que o teletraballo sexa eficaz, pois permite a quen traballa a distancia programar o seu traballo remunerado en función das súas responsabilidades persoais, como coidar dos fillos, de pais de idade avanzada, ou de familiares enfermos.

Unha estratexia persoal para traballar mellor. Aínda que as expectativas estean claras, é fundamental que quen traballe a distancia poida crear a súa estratexia persoal para xestionar eficazmente a fronteira entre o traballo remunerado e a vida persoal. Isto inclúe delimitar un espazo de traballo tranquilo e poder desconectar en horarios específicos reservados ao descanso e á vida persoal.

A confianza: O “pegamento” que suxeita a estrutura. Os directivos, quen traballa a distancia e os seus colegas deben confiar os uns nos outros. Sen iso, o teletraballo non pode ser eficaz.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS