Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

O Consello de Administración da OIT pide que se adopten medidas urxentes para facer fronte o impacto da COVID-19 sobre a xente de mar

09-12-2020 - OIT

O Consello de Administración da Organización Internacional do Traballo (OIT) tomou unha decisión excepcional ao adoptar unha resolución para responder á difícil situación da xente de mar atrapada no mar por mor da pandemia de COVID-19 .

“Os problemas que enfrontan os mariños debido aos esforzos dirixidos a conter o virus resultaron ser inaceptablemente prolongados”, declarou o Director Xeral da OIT, Guy Ryder. “Estes traballadores esenciais seguen transportando os alimentos, as medicinas e os bens que necesitamos, pero os seus longos períodos en alta mar e a incapacidade dos mariños en terra de relevalos, simplemente son insostibles. A Resolución establece as accións que han de ser tomadas con urxencia”.

A Resolución sobre cuestións relativas ao traballo marítimo e a pandemia de COVID-19 recoñece a importancia do diálogo social que tivo lugar e as medidas que adoptaron os principais armadores, as organizacións da xente de mar e algúns gobernos a fin de facer fronte á crise. Sinala que, a pesar das numerosas solicitudes e accións emprendidas polo sistema das Nacións Unidas, centos de miles de mariños seguen traballando moito máis alá do seu período de servizo regular en alta mar, moitos están a bordo dende hai 17 meses ou máis.

A Resolución refírese ao “risco inmenso que representa a fatiga da xente de mar para a súa saúde física e mental, para a seguridade da navegación e a seguridade e a protección do ambiente mariño”.

A Resolución lembra ademais que os dereitos da xente de mar están establecidos no Convenio sobre o traballo marítimo, 2006 (MLC, 2006), incluíndo o dereito de repatriación e o acceso á atención médica a bordo. Os Estados que ratificaron o Convenio regulamentaron a duración máxima do período de servizo a bordo, que debería ser inferior a 12 meses.

O sector da pesca, sinala a resolución, enfronta dificultades similares. Lembra que o Convenio sobre o traballo na pesca, 2007 (núm. 188) contén disposicións en relación á repatriación e a atención médica para os pescadores.

A Resolución exhorta aos Estados membros da OIT a:

Identifiquen os factores que obstaculizan os cambios de tripulación, elaboren e apliquen plans mensurables e con prazos definidos para garantir que os cambios de tripulación e as viaxes da xente de mar efectúense condicións de seguridade, tendo en cuenta o Marco recomendado de protocolos para o cambio de tripulación, e calquera revisión subseguinte;

Designen á xente de mar como “traballadores esenciais”, a fin de facilitar operacións de embarque e desembarque dun buque seguras e sen restricións e a concesión de permisos para baixar a terra;

Consideren a aceptación dos documentos recoñecidos internacionalmente da xente de mar;

Garantan que a xente de mar que necesita atención médica inmediata teña acceso a instalacións médicas en terra, a unha atención médica de emerxencia independentemente da súa nacionalidade e, cando sexa necesario, a unha repatriación de emerxencia;

Consideren a adopción de medidas temporais, incluíndo derrogacións, exencións ou outros cambios dos requisitos de visado ou documentación.

Os Estados membros da OIT que ratificaron o MLC, 2006, están convidados a adoptar sen demora as medidas necesarias para asegurar a plena aplicación do Convenio durante a pandemia de COVID-19, en coordinación cos ministerios e organismos pertinentes, en cooperación con outros Estados membros que o ratificaran e en consulta cos interlocutores sociais.

Convídase as empresas a que actúen coa debida dilixencia en consonancia cos Principios Reitores sobre as empresas e os dereitos humanos das Nacións Unidas, #a fin de que identifiquen, preveñan e mitiguen as repercusións actuais ou potenciais sobre os dereitos humanos da xente de mar da pandemia de COVID-19, e dean conta de como abordan este impacto.

Ademais, a Resolución pide á Secretaría da OIT que presente un informe sobre as medidas coordinadas adoptadas polas organizacións das Nacións Unidas e os interlocutores sociais para dar seguimento a esta Resolución.

Esta Resolución chega poucos días despois de que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptase unha resolución complementaria sobre a “Cooperación internacional para facer fronte aos desafíos que enfronta a xente de mar como consecuencia da pandemia de COVID-19, a fin de apoiar ás cadeas mundiais de subministración”.

Ligazón á Resolución sobre cuestións relativas ao traballo marítimo e a pandemia de COVID-19

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS