Co financiamento de:
/ Portada / Coronavirus

Recomendacións de prevención no traballo fronte ao coronavirus 3ª actualización

02-04-2020 - ISSGA

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) elabora de acordo cos axentes sociais, a terceira actualización deste documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo Coronavirus.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden áorganización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores/as designados ou asunción polo empresario/a). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.

No documento atoparás información xeral sobre o coronavirus, recomendacións dirixidas ás empresas, recomendacións dirixidas ás persoas traballadora e un anexo sobre limpeza de lugares de traballo (non sanitario) no que estivo unha persoa afectada polo coronavirus.

Ligazón ao documento "Recomendacións de prevención no traballo fronte ao coronavirus" 3ª actualización

Ligazón á infografía "Recomendacións de prevención no traballo fronte ao coronavirus"

Dende este ligazón accedes á ligazón da nosa páxina web de outros documentos de interese

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS