Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Efectividade das medidas preventivas na contencion da pandemia da COVID-19

24-11-2022 - MINISTERIO DE SANIDADE

A evolución dos acontecementos e o esforzo conxunto da comunidade científica mundial, están a xerar gran cantidade de información que se modifica rapidamente con novas evidencias. Estes documentos pretenden facer un resumo analítico da evidencia científica dispoñible ao redor das medidas de prevención recomendadas para a redución da transmisión e a contención da pandemia

O Ministerio de Sanidade, no contexto da pandemia COVID-19, encargou á Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde, unha serie de estudos para avaliar a evidencia dispoñible acerca da efectividade das medidas de saúde pública adoptadas para mitigar os efectos da pandemia. A relación das medidas analizadas e os resultados dos estudos poden ser consultados nas seguintes ligazóns:

-->Efectividade das medidas non farmacolóxicas dirixidas aos lugares de traballo no control da diseminación da COVID-19: Os resultados do presente informe, cuxo obxecto é sintetizar a literatura referente á efectividade das Intervencións Non Farmacolóxicas (INFs) dirixidas aos lugares de traballo non sanitarios no control da diseminación da COVID-19 suxiren a efectividade destas durante a 1ª onda da pandemia; aínda que existen importantes limitacións dado que os estudos son de tipo ecolóxico e a implementación conxunta de diferentes INFs dificulta a estimación do seu efecto individual.

--> Revisión da evidencia sobre o impacto do peche de centros educativos na evolución da pandemia por COVID-19

--> Efectividade das medidas de distanciamento social no contexto da pandemia por COVID-19

--> Efectividade das medidas non farmacolóxicas dirixidas ao comercio no control da diseminación da COVID-19. Informe de resposta rápida

--> Informe de resposta rápida sobre a efectividade das medidas non farmacolóxicas que afectan á actividade da restauración interior, restauración exterior e lecer nocturno, no contexto da pandemia por COVID-19

--> Efectividade das medidas de peche ou restrición de aforos en espazos culturais e de entretemento, no contexto da pandemia por SARS-CoV-2

-->Efectividade da limitación do deporte exterior na evolución da pandemia por Covid -19

--> Efectividade das medidas de peche ou restrición de aforos en lugares destinados a cerimonias e culto, no contexto da pandemia por SARS-CoV-2

Os informes de avaliación son documentos técnicos que avalían unha tecnoloxía sanitaria mediante unha revisión sistemática da literatura científica para coñecer a súa eficacia, efectividade e seguridade. Así mesmo pódese realizar unha contextualización e valoración do seu impacto no sistema sanitario e ter en conta aspectos legais, éticos, económicos, sociais ou organizativos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS