Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

APP sobre Manipulación manual: empuxe, arrastre e transporte

08-04-2021 - INSST

Este software implementa os valores límites publicados por Snook e Ciriello para as operacións de empuxe, arrastre e transporte de cargas de forma que a tarefa poida ser realizada polo 90% da poboación. O seu obxectivo é proporcionar uns valores de referencia para as operacións de empuxe, arrastre (ou tracción) e transporte de cargas.

Na manipulación manual de cargas, existen diferentes operacións que requiren a aplicación de metodoloxías de avaliación que se axusten ás particularidades de cada unha delas.

Con carácter xeral, a guía técnica do  INSST para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas recomenda, no seu apartado III.1.2.9, recomenda, para o caso de operacións de empuxe e de arrastre, uns valores de forza máxima que non se deberían superar:

•     25 kg ( aprox. 250  N) para poñer en movemento ou parar unha carga

•     10 kg ( aprox. 100  N) para manter unha carga en movemento

Con todo, os estudos de Snook e Ciriello permiten establecer uns valores límite recomendados para as operacións de empuxe, arrastre, transporte, levantamento e descenso de cargas en función de distintas variables. En particular, para as operacións de empuxe, arrastre e transporte, estas variables son: sexo, altura das mans, distancia percorrida, frecuencia e  percentil da poboación que pode realizar a tarefa.

Ligazón á APP Google Play (Android)

Ligazón á APP (IOS)

Ligazón ao CALCULADOR

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS