Financiado por:
/ Portada / Formación

Segundo o Colexio Profesional de Politólogos e Sociólogos, máis da metade das pemes non teñen formación en prl

06-03-2018 - FORMACIÓN

Segundo o Colexio existe un descoñecemento dos aspectos máis elementais en relación aos riscos laborais, tanto del marco normativo, como das responsabilidades, dereitos e deberes existentes no devandito ámbito.

Publicado o VI Convenio Xeral do Sector da Construción

28-09-2017 - Formación

No texto recóllense especificacións sobre a formación en materia de prevención de riscos laborais, as posibles convalidacións e a acreditación da formación recibida en materia de prl a través da Tarxeta Profesional da Construción, TPC (Libro segundo, Título III). No anexo XII poden visualizarse os contidos previstos para este tipo de formación e no anexo XIII as convalidacións.

O II convenio do Sector Metal incorpora novos requisitos en relación á formación en prevención de riscos laborais

21-06-2017 - Formación

O convenio estabelece unha formación mínima con temática concreta para cada rol de traballador. Esta formación deberá ser impartida por entidades homologadas pola Fundación do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego, FMF, podendo ser cantidatas a esta homologación os servizos de prevención alleos acreditados pola autoridade laboral ou as empresas encadradas nos sectores de actividade estabelecidos neste Convenio e que dispoñan de organización preventiva propia. A formación deberá ser "reciclada" cada 3 anos ou cando o traballador/a estivese alonxado do sector a lo menos un ano de xeito continuado. O factor de caducidade da formación deberá incorporarse á xestión documental que se vincule á formación acreditada.

Suprímese a modalidade a distancia na formación en prevención de riscos laborais para o sector da construción

25-02-2016 - formación

O 23 de febreiro o BOE publicou a Acta de acordos sobre a modificación da regulación da tarxeta profesional da construción de acordo co estabelecido no V Convenio colectivo do sector da construción. Entre os cambios que se aprecian neste texto, está a adaptación da formación en prevención de riscos laborais motivada según se explica no mesmo pola recente modificación do Sistema Profesional para o Emprego, que suprime a modalidade a distancia.

Formación dos traballadores con risco de exposición ao amianto

21-12-2015 - INSHT

Neste cartel, publicado polo INSHT, preséntase unha táboa cos contidos da formación básica sobre os riscos que conleva o traballo con amianto, en función do nivel de probabilidade de atopar amianto nas distintas profesións.

Aclaración sobre a formación de primeiro e segundo ciclo do V Convenio Xeral do Sector da Construcción

29-06-2015 - Formación

Debido ás dúbidas suscitadas acerca da convivencia da formación inicial de 8 horas e a formación por posto de traballo ou oficio, así como do contido concreto desta última, a Comisión Paritaria do Convenio considerou convinte realizar unha aclaración ao respecto. Así aparece puplicada no Boletín Oficial do Estado a Aclaración da Comisión Paritaria do Convenio acerca do disposto no artigo 138 b) do V Convenio Xeral do Sector da Construción ao redor da formación do primeiro ciclo e do segundo ciclo.

Aprobada a Reforma da Formación Profesional para o Emprego

26-03-2015 - Formación

O Real Decreto-lei 4/2015, de 22 de marzo, para a reforma urxente do Sistema de Formación Profesional para o Emprego no ámbito laboral, foi publicado no Boe o día 23 de marzo de 2015

Xornada técnica : a acción do delegado@ de prevención: unha necesidade

17-02-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG

Os días 10 e 11 de febreiro tivo lugar en Ourense o 10º Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, PREVISEL. Como ven sendo habitual , a CIG estivo presente no salón a través da xestión dun stand no que os asistententes que se achegaron puideron coñecer a actividade que se desenvolve na CIG en materia de prevención de riscos e saúde laboral así como diversas publicacións editadas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. Así mesmo, organizouse dentro deste marco a Xornada Técnica: A acción do delegad@ de prevención: unha necesidade.

Un proxecto europeo analiza as tarxetas profesionais non sector da construción

24-11-2014 - TPC

Crear un estándar mínimo común a todos os Estados membros, que acredite a formación e a experiencia dos traballadores do sector da construción. Esta foi a principal conclusión do Seminario celebrado en Bruxelas os pasados días 17 e 18 de novembro, sobre "as tarxetas sociais de acreditación na industria da construción", organizado pola Federación Europea dos Traballadores da Construción (Efbww) e a Federación Europea da Industria da Construción (FIEC), en colaboración coa Asociación Europea de Institucións Paritarias (AEIP), e financiado pola Comisión Europea.

A Fundación Laboral da Construción formará e examinará para a obtención da certificación europea de seguridade para empresas contratistas: VCA

03-12-2013 - Formación

A certificación VCA, un sistema similar a OSHAS 18001, ISO 9001 e 14001, acredita que as empresas e os seus traballadores cumpren cunha serie de criterios en materia de seguridade, saúde e medio ambiente. As principais empresas da construción, da industria petroquímica e do sector enerxético de Alemaña, Francia, Bélxica, Holanda, Austria, Suíza e Luxemburgo xa solicitan o sistema de certificación VCA que, en holandés, significa Lista de Seguridade, Saúde e Medio Ambiente para Contratistas. Nos devanditos países, estar acreditado en VCA facilita a contratación ante terceiros, dado que as empresas esixen esta certificación para acometer os seus proxectos.

Publicada a acta do procedemento de homologación de actividades formativas en prevención de riscos laborais en construción

25-11-2013 - FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN

O 22 de novembro publicouse no BOE a Resolución do 8 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica a Acta dos acordos sobre o procedemento para a homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais, así como sobre o Regulamento de condicións para o mantemento da homologación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais de acordo co establecido no V Convenio colectivo do sector da construción.

Finaliza a programación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais 2013

18-11-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Coa celebración da Xornada Técnica “O deterioro da saúde no traballo: transtornos musculoesqueléticos e outras doenzas", celebrada en Ourense , remata este ano 2013 a programación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais promovida polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

A UE acorda crear unha tarxeta para dar máis mobilidade ás profesións reguladas

27-06-2013 - UE

Os Vintesete e os eurodeputados chegaron a un "acordo político" sobre a revisión da normativa comunitaria sobre cualificacións profesionais na UE vixente dende 2005.

Un novo informe da EU-OSHA examina o enfoque escolar holístico en materia de SST e educación.

17-06-2013 - EU-OSHA

Para dotar aos mozos con técnicas, coñecementos e actitudes en materia de SST, a educación sobre riscos debe incorporarse ao currículo escolar, a partir da escola primaria. O enfoque escolar holístico da SST integra a educación sobre riscos e a xestión da seguridade e a saúde na escola en todas as actividades escolares, así como o seu funcionamento, converténdoas en parte integrante da vida escolar.

Formación en materia de prl

12-06-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Dentro das tarefas que desenvolve o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG está a realización de actividades formativas en prevención de riscos laborais. Neste ano 2012, estamos a realizar cursos básicos en prl, cursos monográficos e xornadas técnicas segundo a programación que pode visualizarse no apartado de eventos da portada da nosa páxina web.

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais organiza unha xornada informativa sobre o traballo en altura

25-04-2012 - Universidade de Vigo

En Galicia prodúcense 3000 accidentes anuais como consecuencia de caídas en altura. As cifras demostran que queda moito por facer no eido da prevención de riscos laborais, un campo no que a Universidade de Vigo ten avanzado nos últimos anos, aprobando, por exemplo, "o Plan de Prevención da Universidade e desenvolvendo plans espacíficos de autoprotección para os centros así como simulacros e actividades formativas", como explica o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García.

Todalas carreiras terán unha materia de riscos laborais

16-03-2012 - Formación

O coordinador da Comisión Nacional de Prevención de Riscos Laborais no ámbito universitario e conselleiro técnico da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Felipe Batuecas, presentou no Centro de Estudos Avanzados da USC o acordo estatal para a adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais ás universidades, o que permitirá desenvolver unha política específica nun ámbito que, polo menos, no universitario está «no inicio».

Só 3 de cada 10 traballadores do Estado español reciben formación nas súas empresas

21-11-2011 - Formación

Só o 32% dos traballadores recibe algún tipo de formación continua na súa empresa, segundo un estudo realizado por Brainers, a división especializada en formación a medida para empresas do Grupo Constant, que pon de relevo o potencial da demanda de formación para ocupados.

Prevención de riscos laborais. Curso de capacitación para o desempeño de nivel básico. 50 horas

06-04-2011 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS