Co financiamento de:
/ Portada / Formación

Curso gratuíto de teleformación dirixido ao sector da limpeza: RISCO QUÍMICO NO SECTOR DA LIMPEZA

02-11-2020 - TELEFORMACIÓN

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG) abre a matrícula para o curso gratuíto de teleformación dirixido ao sector da limpeza: Risco Químico no sector da limpeza, que dará comezo o vindeiro 9 de novembro de 2020. DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: XOVES 5 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS.

Cando falamos de contaminantes químicos facemos referencia a sustancias que poden ser absorbidas polo noso organismo e poden producir danos á saúde nun periodo curto de tempo ou ben ao longo dos anos.

Sen dúbida algunha no sector da limpeza o risco químico é un dos máis importantes. Para a realización das tarefas de limpeza, desinfección, pulido, encerado,etc., empréganse a diario diferentes produtos químicos (decapantes, abrilantadores, disolventes, desengraxantes, lexivias e outros) que desprenden vapores nocivos, e o seu contacto coa pel, ollos ou mucosas poden chegar a constituir un importante risco para a persoa traballadora se esta non está axeitadamente protexida..

Os produtos de limpeza son, en xeral, misturas de varias sustancias cada unha das cales ten diferentes propiedades e diversos efectos nocivos, segundo estas se presenten por separado ou en combinación con outra ou outras sustancias, expoñendo á persoa traballadora a variados efectos nocivos sobre o seu organismo.

No presente curso de teleformación: Risco químico no sector da limpeza que ofertamos para as persoas traballadoras do sector da limpeza, aboradaremos dun xeito ameno, sinxelo e doado de entender, cales son os conceptos e elementos básicos que nos permitirán entender e identificar os riscos químicos asociados aos traballos de limpeza; Como podemos coñecer os riscos asociados aos distintos produtos de limpeza que utilizamos; Os efectos contaminantes dos distintos produtos de limpeza comunmente empregados; A vías de exposición aos produtos químicos e cales son os seus efectos e consecuencias; Perigosidade e riscos asociados á mestura dos produtos de limpeza de uso máis común; Etiquetas, Fichas de Seguridade e Fichas Toxicolóxicas; Almacenamentos de produtos Químicos ou Identificación e uso de EPIs.

Esta actividade formativa realizarase de forma asíncrona, atendendo ao tempo e horario do que dispoña o alumno/a, sempre dentro do período temporal de vixencia do curso.

Non o dubides, se traballas no sector da limpeza e te preocupa a túa seguridade, protéxete, matricúlate e participa. Esperámoste.


CURSO GRATUÍTO DE TELEFORMACIÓN DIRIXIDO AO SECTOR DA LIMPEZA:

Risco Químico no sector da limpeza


DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: XOVES 5 DE NOVEMBRO ÁS 14:00 HORAS


Carga lectiva estimada: 4 horas

Data inicio: dia 9 de novembro.

Data de remate: 13 de novembro

Dereito a certificación

 

 MATRICÚLATE EN:

gabinete@cigsaudelaboral.org ou

Chamando ao teléfono 981359449 (de 10 a 14 horas)

Deberás proporcionarnos:

- Nome e apelidos;

- Documento de identidade;

- Correo electrónico;

- Número de teléfono

- Localidade de residencia e

- Código postal.

Cando esteas matriculado, deberás facilitar dende a plataforma de teleformación a través da cal farás o curso, unha fotografía do teu carné de identidade.

Podes imprimir o cartel no PDF adxunto

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG)

Documentos

CURSO DE TELEFORMACIÓN RISCO QUÍMICO NO SECTOR DA LIMPEZA.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS