Co financiamento de:
/ Portada / Formación

XIII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde

18-03-2011 - 30, 31 de marzo e 1 de abril de 2011

Os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2011, celebráronse no CIS de A Cabana de Ferrol, as “XIII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde”, organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol. Nas xornadas estiveron representados entre outros o INSHT, o ISSGA, a Universidade de A Coruña, a Universidade de Vigo, a Consellería de Traballo e Benestar, o Consello galego de Relacións Laborais e a CIG. A intervención do Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG, Antolín Alcántara, tivo lugar o día 30 de marzo de 2011 a partir das 11:45 horas.

Os días  30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2011, celebraronse no CIS de A Cabana de Ferrol, as  “XIII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde”, organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol. O programa das xornadas pode consultarse no arquivo adxunto.

Dentro do programa, o día 30 de marzo, presentou a ponencia titulada "A reforma da negociación colectiva e as pensións" Antolín Alcántara, Secretario Confederal de Negociación colectiva e Saúde Laboral da CIG. Na súa exposición fixo fincapé na situación actual da clase traballadora e nos cambios que leva aparellados a reforma laboral, flexibilizando o despido e disminuíndo as rentas entre outras cousas, e tamén da reforma das pensións.

Documentos

Triptico definitivo XIII xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS