Co financiamento de:
/ Portada / Formación

Ergonomía e biomecánica no eido laboral

16-10-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG segue a traballar no desenvolvemento de actividades formativas en materia de prevención durante este ano 2012.

Ademais dos cursos básicos en prl que están a desenvolverse en A Coruña, Ferrol, Ourense, Sarria, Vilagarcía, Verín e Cee, durante este mes de outubro realizáronse ata o momento Xornadas Técnicas sobre os temas “Primeiros auxilios”, “Ergonomía e biomecánica no eido laboral”, “Riscos laborais nas áreas de hospitalización” e Cursos Monográficos centrados na prevención de riscos no sector naval.

Para ilustrar esta nova, achegamos imaxes da Xornada Técnica celebrada en Vigo o pasado día 9 de outubro, que co título “Ergonomía e biomecánica no eido laboral” reuniu en torno a 150 delegados e delegadas e na que participaron como ponentes o Xefe do Centro ISSGA-Pontevedra, José Antonio Rodríguez Arribe, e Alejandro Alfonso Cornes, responsable de UMANA, Centro sanitario de investigación biomecánica aplicada.

Pódese seguir a programación no apartado de eventos da portada da nosa web.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS