Co financiamento de:
/ Portada / Formación

Só 3 de cada 10 traballadores do Estado español reciben formación nas súas empresas

21-11-2011 - Formación

Só o 32% dos traballadores recibe algún tipo de formación continua na súa empresa, segundo un estudo realizado por Brainers, a división especializada en formación a medida para empresas do Grupo Constant, que pon de relevo o potencial da demanda de formación para ocupados.

Con estas cifras, o Estado español sitúase lonxe de países como Alemaña, onde o 52% de empregados recibe algunha formación. Os países nórdicos son os que máis aproveitan os recursos destinados á formación, xa que o 70% dos traballadores asisten a cursos. "As nosas empresas apostan pouco pola formación, pero a tendencia vaise corrixindo", explica a directora de Brainers, Gloria Rapadoira.

A demanda de formación dirixida prioritariamente a ocupados creceu un 30% en só un ano. De feito, segundo datos da Fundación Tripartita, o número de empresas españolas que participa en programas de formación multiplicouse por 12 desde o 2004.

Tras analizar os cursos impartidos desde Brainers, a compalía conclúe que os idiomas son a primeira opción de formación que solicitan os traballadores, cunha de cada tres peticións. A formación en prevención de riscos laborais, as habilidades directivas e a ofimática representan o resto das demandas formativas.

"Os idiomas e a prevención de riscos son os máis demandados, están a introducirse novos cursos acordes coa demanda real das empresas e a nova normativa que rexe nelas. É o caso dos cursos de interpretación de linguaxe de xordos ou o curso de manexo do desfibrilador semiautomático", explica Rapadoira.

Fonte de Datos: yahoo.é

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS