Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 13/1/23 Orde ISM/2/2023, desenvolve Real Decreto 625/2014 xestión ITBOE 21/12/22 Real Decreto 1029/2022, Regulamento protección exposición radiacións ionizantesBOE 5/1/22 Real Decreto 1060/2022, modifica Real Decreto 625/2014, regulan determinados aspectos da xestión IT
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 43

07-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Os problemas de saúde mental derivados ou agravados polo traballo, ou incluso pola falta deste, constitúen hoxe por hoxe na nosa sociedade un problema humano, social, económico e laboral de primeira orde; provocando e/ou favorecendo a aparición ou o agravamento de diversas enfermidades mentais cun elevadísimo custo para o conxunto da sociedade: enfermidade e sufrimento humano, xubilacións anticipadas, baixas laborais frecuentes e de longa duración, mal clima laboral no traballo, desmotivación e insatisfacción laboral, baixa produtividade, ... En definitiva uns importantísimos custos a nivel humano e social que tamén afectan directamente á competitividade das empresas, o que no seu conxunto fai imprescindible incluír a saúde mental entre as prioridades de atención en materia de saúde pública, en coordinación co necesario impulso de estratexias efectivas de promoción da saúde mental nos lugares de traballo

Empresa condenada por acosar laboralmente a unha empregada que solicitou a redución de xornada

07-02-2023 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid condenou a unha empresa a indemnizar con case 15.000 euros a unha traballadora por vulnerar os seus dereitos fundamentais ao non activar o Protocolo de prevención do Acoso cando esta O solicitou. A traballadora viuse na necesidade de ter que darse de baixa médica polas represalias sufridas por parte da entidade despois de que pedise a redución de xornada por coidado dun menor

Campaña do ISSGA: Adeus estrés!

06-02-2023 - ISSGA

Con esta campaña o ISSGA facilita consellos e medidas para o recoñecemento dos sinais do estrés: emocionais, cognitivos, condutuais e fisiolóxicos, así como exemplos de pautas no ámbito individual para unha mellor xestión do risco na poboación traballadora galega. Tamén pretende abordar de maneira preventiva a primeira causa dos accidentes laborais mortais en xornada en Galiza, que é a morte por infarto, derrame cerebral, etc. que, sen dúbida, é e ten que ser multicausal, pero que se evidencia como a causa con máis peso en sinistralidade mortal na actualidade en Galiza.

Día Mundial contra o Cancro 2023: unha oportunidade para abordar o cancro relacionado co traballo

03-02-2023 - EU-OSHA

O Día Mundial contra o Cancro, que se celebra anualmente o 4 de febreiro, convídanos a ser conscientes e tomar medidas para lograr un mundo menos lastrado polo cancro. A EU-OSHA mantén un serio compromiso na loita contra o cancro, a primeira causa de mortes relacionadas co traballo na UE

Almacenar CO2 baixo terra podería ser unha solución segura para mitigar o cambio climático

02-02-2023 - CSIC

O estudo liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) mostra que inxectar miles de millóns de toneladas de CO2 atmosférico (dióxido de carbono) baixo terra ten un risco baixo de escape na superficie. Os resultados do estudo, publicado na revista Geophysical Research Letters, indican que a tecnoloxía de almacenamento xeolóxico de CO2 pode comezar a utilizarse de forma segura para mitigar o cambio climático

Ergonomía no sector do metal: recomendacións no uso de maquinaria

01-02-2023 - IVB-Instituto de Biomecánica de Valencia

Neste eBook o IVB ofrece recomendacións ergonómicas para mellorar as condicións dos postos de traballo en sete máquinas do sector do metal: equipo de soldadura por resistencia, cizalla-guillotina, amoldadora de pedestal, centro de mecanizado CNC, fresadora, lixadora-pulidora e prensa para traballo manual

Folleto "Factores psicosociais na condución de transporte de viaxeiros por estrada TAXIS"

31-01-2023 - INSST

Neste folleto, o INSST ofrece información sobre os factores de risco psicosocial aos que poden estar expostas as persoas que conducen transporte de viaxeiros por estrada (taxis) e sobre as medidas preventivas que se poden adoptar para eliminar ou minimizar os riscos derivados da realización desta actividade.

NTP 1.177: Luvas de protección: requisitos xerais

30-01-2023 - INSST

Esta NTP, actualización da NTP 747, é parte dunha serie de notas técnicas cuxo obxectivo fundamental é proporcionar unhas pautas ou directrices básicas para a correcta selección e uso de luvas de protección, así como informar dos requisitos básicos que deben cumprir devanditos equipos de protección individual dentro da serie de luvas de protección. Os cambios con respecto á NTP 747 están motivados principalmente pola nova regulamentación e a revisión da norma técnica de referencia.

Guía de procesos de traballo seguro en cultivos hortícolas

27-01-2023 - OSALAN

OSALAN-Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laborais- pon a disposición a «Guía de procesos de traballo seguro en cultivos hortícolas» froito da Estratexia Euskadi-Preben que se configura como un instrumento pragmático para consolidar a seguridade e saúde como un dos eixos fundamentais na sustentabilidade de sectores como a agricultura, gandería, madeira, forestal, agroalimentario e marítimo-pesqueiro, sendo os seus principais obxectivos cuantitativos reducir o 15% de accidentes e enfermidades profesionais nos principais indicadores e, especialmente, evitar os accidentes mortais

Os accidentes laborais mortais dispáranse un 18,6% ata novembro, con 770 falecidos, segundo datos provisionais do Ministerio de Traballo e Economía Social

26-01-2023 - Sinistralidade

Un total de 770 traballadores/as faleceron en accidente laboral nos once primeiros meses do ano pasado, 121 máis que en igual período de 2021, o que implica un aumento do 18,6%, segundo datos provisionais do Ministerio de Traballo e Economía Social. A maior parte dos accidentes mortais prodúcense por infartos e derrames cerebrais, accidentes de tráfico, atrapamentos e amputacións, caídas e colisións contra obxectos en movemento.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS