Riscos psicosociais no sector audiovisual27-11-2026 - OSH WIKIEste artigo de OSHwiki analiza como as condicións de traballo no cine, a televisión, a radio e os medios dixitais poden afectar á saúde mental e ao benestar das persoanas traballadoras. Os contratos freelance, os horarios irregulares e a intensa competencia poden aumentar a tensión e dificultar o mantemento dun equilibrio saudable entre a vida laboral e privada. O acoso, a intimidación e a falta de apoio poden agravar estas presións. | ![]() |
|---|
Xornadas laborais extensas, prazos axustados e inestabilidade laboral son só algúns dos desafíos aos que se enfrontan as persoas traballadoras do sector audiovisual.
O artigo tamén destaca medidas prácticas para previr e xestionar os riscos psicosociais. Entre elas inclúense unha mellor planificación da carga de traballo, un maior apoio por parte dos responsables e a creación de contornas laborais máis seguras e inclusivas.
Ligazón ao artigo “Factores de risco psicosocial no sector audiovisual”. OSH WIKI. 2026