Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 70

27-10-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

O 3 de xullo de 2025 publicouse no BOE a Resolución que incorpora o Convenio subscrito o 9 de xuño de 2025 entre o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA), as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e a Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais (AMAT), co fin “teórico” de mellorar a xestión da incapacidade temporal e a asistencia sanitaria das persoas traballadoras afectados. O convenio estabelece un marco de colaboración para “en principio” axilizar e optimizar a prestación económica da incapacidade temporal por continxencias comúns, así como os procesos diagnósticos, terapéuticos e rehabilitadores que INGESA facilite ás mutuas, sempre co consentimento informado do paciente e dentro das funcións propias de cada parte asinante. Esta última reforma do ano 2025 supón un cambio significativo no papel das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, especialmente no tratamento de problemas musculoesqueléticos derivados de continxencias comúns. O INGESA é o “servizo de saúde” estatal para Ceuta e Melilla, con funcións equivalentes ás dun servizo autonómico.

 

BOLETÍN CIG SAÚDE LABORAL Nº 70

- Síntese do convenio entre o INSS, INGESA E AMAT e as súas posibles derivadas.

-  Prevención de riscos biolóxicos que afectan ao persoal de plantas de reciclaxe e triaxe de residuos.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 70 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS