Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
AI-0002/2015
23/2/2016 GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
Coa apertura e posta en marcha deste espacio web: “Seguridade e saúde laboral para traballadores maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes”, damos comezo a unha modesta iniciativa de análise e información da problemática que afecta aos traballadores maiores de 55 anos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Este espazo web, ubicado dentro da plataforma www.cigsaudelaboral.org, disporá progresivamente dunha estructura de contidos e recursos específicos sobre riscos, riscos novos e emerxentes, e habitos saudables referidos a este colectivo.
t55 hábitos saudables
23/11/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Os hábitos saudables son aquelas condutas e comportamentos que temos asumidos como propios e que inciden de xeito directo no noso benestar físico, mental e social. En poucas palabras, son aquelas rutinas que realizamos habitualmente e que son boas para nós dende un punto de vista da saúde (física, mental e social).
T+55 20
10/10/2016 Traballadores/as maiores de 55.
Aínda hoxe en día a renovación das plantillas das empresas enfócase como norma xeral ao rexuvenecemento dos traballadores/as, aproveitando a lexislación laboral existente que permite a través de distintos procedementos e a un custe económico moderado, sustituir aos traballadores/as de maior idade por traballadores/as mozos, con menor retribución salarial e menos dereitos laborais efectivos. Hai xa moito tempo, é seguemos nas mesmas, que a solución sempiterna que as empresas poñen enriba da mesa á hora de proceder a realización de “axustes” de emprego, consiste en “adiantar”, dunha ou outra maneira, a saída dos traballadores/as maiores de 55 anos do mundo laboral.
Pirámide hidratación
22/9/2016 Traballadores/as maiores de 55
Un dos bloques principais das accións postas en práctica polas empresas nos seus proxectos na Promoción da Saúde no Traballo está relacionado cos bos hábitos de alimentación. Unha alimentación saudable axuda a evitar enfermidades como a diabete, hipertensión, hipercolesterolemia, obesidade, gota, carie, cancro (principalmente colon e estómago) ou osteoporose. En moitos casos, estas enfermidades maniféstanse en idades avanzadas, pero poden ser consecuencia de malos hábitos alimentarios ao longo da vida.
Mulleres + t55
23/8/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
No presente artigo pretendemos aproximarnos ás consecuencias sobre a saúde que no eido laboral ten a intersección entre xénero e envellecemento, así como esbozar algúns apuntamentos sobre as actuacións ao respecto no ámbito da prevención de riscos laborais.
Traballo en quenda de noite
12/8/2016 Traballadores/as maiores de 55
O traballo realizado en quenda de noite remata en practicamente todos os casos por ser un traballo fatigante, consecuencia entre outros factores dun descanso diúrno de pouca calidade e insuficientemente reparador, debido en gran medida á alteración das constantes biolóxicas características do noso ritmo circardiano: temperatura corporal, consumo de osíxeno, ton muscular, frecuencia cardíaca, etc. Quenda horaria que supón que o/a traballador/a desenvolva as súas funcións laborais nunha franxa horaria na que se produce unha merma funcional tanto a nivel fisiolóxico como psicomotriz, coas consecuentes implicacións en termos de seguridade e saúde laboral.
T+55 19
29/7/2016 Traballadores/as maiores de 55.
A dimensión que ten adquirido o concepto de saúde nos últimos anos (bo estado físico, mental e social), incorpora a influencia das condicións de traballo como compoñentes fundamentais da calidade de vida. De aí que dentro da seguridade e saúde laboral un desafío importante consista en saber se existen factores influentes que poidan estimular ou impedir o desenvolvemento das tarefas dos traballadores e traballadoras ao longo da súa vida laboral e condicionar a súa saúde no futuro.
T+55 18
21/7/2016 Traballadores/as maiores de 55.
Dabondo sabemos que o proceso de avellentamento ten consecuencias sobre o corpo e a mente que repercuten na vida das persoas, tanto na persoal como na laboral. Resulta habitual pensar que todas as capacidades humanas decaen coa idade pasada a trintena, incluída a intelixencia. Tendo en conta un punto de vista simplemente ergonómico, o deterioro asociado aos traballadores/as maiores xera algúns problemas na súa relación co entorno de traballo
T+55 17
15/7/2016 Traballadores/as maiores de 55.
A taxa de emprego das persoas maiores de 55 anos aumentou levemente no Estado español a case un 47% no ano 2015. Segundo indica o IEE , a taxa de emprego da poboación con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos subiu levemente no conxunto de países da UE-28. A media pasa dun 51,8% en 2014 a un 53,3% en 2015. A pesares do pequeno aumento, a taxa de emprego das persoas maiores segue a estar moi por debaixo da media comunitaria do 70,1% correspondente ao conxunto da poboación en idade de traballar. Para o Estado español, a taxa de emprego das persoas maiores de 55 anos subiu dende o 44,3% en 2014 a un 46,9% no 2015. Isto quere dicir que, de todas as persoas maiores de 55 anos, menos da metade están en activo. Máis da metade destas persoas maiores de 55 anos deixan o traballo antes da idade de xubilación obrigatoria, por unha ou outra razón.
T+55 16
1/7/2016 Traballadores/as maiores de 55.
A realización de actividade física sistemática e controlada é unha clara ferramenta de influencia positiva para preservar, conservar e promover os múltiples factores que interveñen no mantemento dun corpo san ao longo dos anos. Até finais dos anos noventa, as recomendacións de exercicio físico para adultos e maiores eran as mesmas, condicionando que capacidades coma o equilibro, quedasen excluídas dos programas de adestramento.
T+55 15
29/6/2016 Traballadores/as maiores de 55.
O avellentamento produce unha involución das capacidades físicas que orixina un deterioro físico e unha redución da funcionalidade persoal. O proceso de avellentamento non é igual en todas as persoas, depende de cada un, pero a práctica de exercicio físico ten demostrado ser unha ferramenta eficaz para atenuar e retardar o avellentamento, máis só se este se realiza de xeito regular e coa intensidade axeitada. Na actualidade, a mellora dos estudos relacionados coas ciencias do deporte e asociados aos diagnósticos médicos, permiten estabelecer prescricións de exercicio físico axeitadas ás condicións particulares das persoas segundo a súa idade e estado de saúde.
T55 VALORACIÓN
23/6/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Como consecuencia do deterioro e limitación das súas condicións físicas, nunha cuarta parte dos casos os/as traballadores/as maiores de 55 anos (T+55) vense obrigados a diminuír a carga e a intensidade do seu traballo. O proceso de envellecemento asóciase a unha maior prevalencia do deterioro sensitivo, constintuíndo un factor cunha notable importancia no incremento das posibilidades de ter un accidente de traballo.
T+55 14
17/6/2016 Traballadores/as maiores de 55.
A conduta sedentaria estableceuse como a propia da forma de vivir, consumir e traballar nas sociedades avanzadas. A evolución dos sistemas de transporte, a tecnoloxía laboral, os novos modos de ocio… todo colabora para que todos e todas -pequenos e maiores- asuman como válidos comportamentos claramente sedentarios. Esta conduta sedentaria establécese até tal punto que as enfermidades asociadas á inactividade física convértense nun dos maiores problemas de saúde pública na meirande parte dos países do mundo segundo datos da OMS.
T+55 13
10/6/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Para deseñar e poñer en práctica estes programas contémplase a presenza de asesores e persoal especializado na materia que analice, planifique, poña en práctica e avalíe os resultados.
T+55 12
8/6/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Dende a ISSA (International Social Security Association) teñen elaborado unhas directrices para a xestión das políticas de volta ao traballo. A Guía “Return to Work and Reintegration” basease nun coñecemento en profundidade da cuestión e no desenvolvemento dunha infraestrutura legal e de xestión que inclúe a incorporación (en empresas e institucións) de profesionais especializados que poidan xestionar a reincorporación ao mercado laboral de persoas que padecen algunha lesión, incapacidade ou enfermidade, de orixe laboral ou non, o máis pronto posible.
T+55 11
6/6/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Nas circunstancias actuais e coa estratexia europea 2020 en marcha, os cidadáns europeos deberán traballar máis tempo. Coa finalidade de evitar que se produza unha situación na que o aumento da idade de xubilación dea lugar a un incremento das xubilacións anticipadas e das pensións por incapacidade, dende a UE, comezan a desenvolverse medidas no lugar de traballo encamiñadas a apoiar os cambios no sistema de pensións así como estimular ás persoas para que sigan traballando até a súa idade de xubilación.
Valoración da capacidade funcional para o traballo (II)
31/5/2016 TRABALLADORES MAIORES DE 55
En todas as persoas como consecuencia da idade a mobilidade das articulacións vese progresivamente limitada, producíndose incluso a partires dos 50 anos un notable incremento na incidencia dos procesos artríticos, con importantes repercusións funcionais en termos de mobilidade, así como unha progresiva perda muscular e diminución da masa corporal que na práctica supón unha baixada da forza muscular.
T+55 10
27/5/2016 TRABALLADORES MAIORES DE 55
A valoración da capacidade funcional dos/as traballadores/as maiores de 55 anos (a partir de agora T+55) resulta esencial á hora de establecer o estado das súas capacidades físicas e aptitudes laborais. Factores como carga física asociada ao traballo, efectos na saúde a longo prazo como consecuencia da prolongación da vida laboral ou o propio proceso de envellecemento, determinarán en gran medida os posibles cambios psicofísicos que deberemos ter en conta.
nanomateriais t55
18/5/2016 TRABALLADORES MAIORES DE 55
A investigación e produción de nanomateriais é unha área en continuo crecemento nos últimos anos polo gran potencial que estes representan. Abriron un eido de investigación inmenso debido a que os elementos coñecidos, levados a unha escala nanométrica, presentan propiedades físicas e químicas totalmente diferentes a eses mesmos elementos en escala macroscópica polo que se presenta un amplo rango de aplicacións no que o tamaño físico da partícula pode proporcionar unhas propiedades eléctricas, magnéticas, catalíticas ou de comportamento mecánico, distintas e/ou melloradas.
t55 saúde xubilacións e seguridade
16/5/2016 TRABALLADORES MAIOSES DE 55
Hoxe por hoxe en algún dos estados membros da UE estanse a implementar diversas políticas tendentes a alongar a permanencia no traballo das persoas de maior idade, partindo iso si de premisas distintas dende o punto de vista dos dereitos sociolaborais e a liberdade dos/as traballadores/as.
Campaña Lugares de traballo saudables en cada idade
11/5/2016 Traballadores/as maiores de 55.
No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir.
T+55 9
6/5/2016 Traballadores/as maiores de 55.
A idade é un dos motivos polos que a saúde das persoas tende a deteriorarse, sobre todo no relacionado coas funcións sensoriais e cognitivas en xeral; no colectivo de traballadores/as de máis idade a posible diminución de capacidades pode elevar a probabilidade de sufrir un accidente laboral. Neste senso a organización do traballo é un factor fundamental á hora de ter en conta o benestar e a calidade de vida laboral unha vez cumprida certa idade.
T+55 8
2/5/2016 Traballadores/as maiores de 55.
Como xa fixemos en ocasións anteriores, o presente artigo ten por obxecto recomendar a lectura e análise dun documento que recolle unha serie de conclusións que nos parecen moi axeitadas en relación aos contidos que tratamos nesta área adicada a traballadores/as maiores de 55 anos. Tratase dun documento elaborado por Yolanda Sánchez-Urán Azaña, Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid. Nel analízanse as analoxías pero á vez as complicacións legais que comportan, debido ao deseño da lexislación laboral no dereito español, as medidas que se teñen implementado dende o Goberno para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores/as de maior idade.
Traballadores maiores 55 azul
26/4/2016 TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Se nos preguntasen cal é a primeira causa de discriminación laboral no estado español, seguramente responderiamos que é a discriminación sexista. Con todo, segundo un estudo sobre os perfís da discriminación en España que analiza os datos do CIS no ano 2014, entre as persoas con experiencia laboral que sinalaron ter sido discriminadas por ser deixadas de contratar, o 48,3% manifestaron ter sido vítimas de discriminación laboral por idade e o 39,8% por motivo de sexo.
T+55 7
14/4/2016 Traballadores/as maiores de 55.
Para a elaboración deste documento centramos a nosa atención sobre un texto titulado “Envejecimiento y prevención de riesgos laborales” elaborado por Mikel Urrutikoetxea Barrutia. Neste traballo, pese a ser do ano 2011, podemos atopar aspectos de plena actualidade na temática que nos ocupa. Resulta de interés a reflexión que realiza sobre o envellecemento dos traballadores/as e a prevención de riscos laborais, facendo fincapé na regulación normativa sobre traballadores/as especialmente sensibles e introducindo un termo que consideramos “interesante” á hora da abordaxe das técnicas preventivas con traballadores/as maiores que é o de “Traballadores Veteranos”.
T+55 5
1/4/2016 Traballadores/as maiores de 55.
As posturas de traballo incorrectas e/ou inaxeitadas supoñen un dos factores de risco máis frecuentes nos/as traballadores/as maiores de 55 anos, derivando en demasiadas ocasións en importantes e incapacitantes trastornos musculoesqueléticos. Son moitas as veces nas que ao longo da súa xornada laboral un traballador/a, debe adoptar posturas inaxeitadas que rematan por afectar aos seus músculos e articulacións, provocando dende pequenas molestias ata lesións cronificadas e altamente incapacitantes.
Maiores 55 en cores
23/3/2016 Traballadores/as maiores de 55
En termos xerais é indubidable que os accidentes de traballo son máis susceptibles de producirse en certos sectores de actividade, consecuencia en moitos casos da realización de certas tarefas profesionais que levan asociadas no seu desenvolvemento un potencial maior nivel de risco.
T+55 4
18/3/2016 Traballadores/as maiores de 55.
Ante as novas tendencias demográficas que nos dirixen cara a un envellecemento constante da poboación, compre que as persoas que realizan as avaliacións de riscos nas empresas, ben sexan técnicos do SPP ou dun SPA, teñan en conta este aspecto, xa que este envellecemento está causando cambios que repercuten directamente no ámbito laboral. Como factor de risco temos que ter en conta que o envellecemento fai referencia a un conxunto de procesos biolóxicos que diminúen as capacidades físicas dos traballadores/as e que en certo modo limita a adaptación do organismo ao medio, así como a súa capacidade de resposta ante diversas esixencias do mesmo e que pode ter unha relevancia fundamental cando falamos de actividade laboral.
T+55 3
10/3/2016 Traballadores/as maiores de 55.
O progresivo envellecemento da poboación traballadora supón un importante desafío en termos das necesarias políticas preventivas a desenvolver tanto no ámbito europeo, como no estatal e autonómico, mais aínda se acaso ao nivel das empresas. Un envellecemento consecuencia do progresivo deterioro psicofísico que se vai producindo co incremento da idade e que remata por supoñer unha diminución das capacidades psicosomáticas dos/as traballadores/as, limitando as súas posibilidades de adaptación ás condicións de traballo, así como mermando a súa capacidade de resposta ás esixencias e demandas das tarefas que até entón viñan desenvolvendo sen dificultade.
T 55 2
4/3/2016 Traballadores/as maiores de 55
No momento no que se inicia un proceso de avaliación inicial dos riscos nunha empresa, deberánse ter en conta aspectos fundamentais como a idade dos traballadores e traballadoras, para así poder adoptar as medidas necesarias relativas á PRL xa na fase de deseño da mesma; se se trata de porcesos de revisión da avaliación existente, é preciso ter en conta no procedemento de revisión a posibilidade de que os postos de traballo a avaliar poidan estar ocupados por traballadores/as maiores no momento presente ou nun futuro.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais