Co financiamento de:
Novidades lexislativas:
BOE 15/6/24 Real Decreto 505/2024, regula recoñecementos médicos aptitude e protección saúde sector marítimo-pesqueiro DOG 4/6/24 Plan de Inspección Seguridade Industrial Galiza 2024BOE 6/7/24 Real Decreto 612/2024, protección traballadores riscos exposición axentes canceríxenos durante o traballo
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 53

17-07-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

A industria naval ao igual que moitas outras actividades industriais, sufriu nos últimos 30 anos un proceso de privatización con drástica redución dos cadros de persoal e que deu paso á subcontratación de actividades orixinariamente realizadas pola empresa principal, cara ás denominadas industrias auxiliares. Así durante o proceso de construción dun buque, comparten espazos persoas traballadoras de diversas empresas o que fai máis complexa a organización do traballo e a coordinación preventiva. A coordinación preventiva das actividades empresariais é unha estratexia preventiva destinada a controlar e minimizar os riscos laborais nos lugares de traballo, nos que concurren simultaneamente distintas actividades realizadas por empresas diferentes. Esta concurrencia e simultaneidade na realización de tarefas é un factor multiplicador dos riscos laborais, que deben ser controlados a través desta estratexia de coordinación. No caso da construción e reparación naval, os riscos son especialmente elevados debido á gran cantidade de subcontratación de actividades a empresas auxiliares e aos riscos específicos inherentes a esta perigosa actividade industrial.

Lanzamento da aplicación SunSmart Global UV actualizada con novas funcións para mellorar a protección solar

19-07-2024 - OIT-PNUMA-OMS-OMM

A OIT, PNUMA, OMS e OMM poñen a disposición a versión actualizada da aplicación SunSmart Global UV, unha ferramenta clave para combater os problemas de saúde relacionados cos raios UV. A nova versión da aplicación funciona en todos os dispositivos móbiles e inclúe unha serie de novas funcións e melloras. Cada ano, 1.600 millóns de persoas traballadoras, en particular as que traballan ao aire libre, están expostas á radiación UV solar no traballo, existe unha necesidade crítica de concienciar sobre os riscos aos que se enfrontan debido á esta exposición.

Campaña do INSST: "Con sol é tempo de prevención"

18-07-2024 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon en marcha a campaña “Con sol é tempo de prevención”, unha acción de sensibilización dirixida a previr os danos asociados á exposición ás altas temperaturas e á radiación solar no ámbito laboral. Estabelecer medidas preventivas é clave, especialmente nos sectores nos que gran parte da súa actividade desenvólvese ao aire libre como son os da construción, a pesca, a agricultura ou o sector servizos

Garantir unhas condicións máis seguras e xustas para quen traballa en plataformas dixitais: principais avances e retos en materia de regulación e políticas

16-07-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no traballo

O documento analiza os problemas e as limitacións que supoñen unha desvantaxe significativa para a seguridade e a saúde destas persoas en comparación coas condicións de quen ocupa postos similares na economía tradicional. Avalía as solucións adoptadas por países de todo o mundo, así como iniciativas como o proxecto Fairwork. O informe conclúe con dez suxestións políticas para mellorar as condicións laborais destas persoas traballadoras.

Indice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. XUÑO 2023 MAIO 2024.

15-07-2024 - INSST

Comparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre XUÑO 2023 MAIO 2024.

Prevención do risco de contaxio de grive aviar

12-07-2024 - OSALAN

O obxectivo desta guía de OSALAN é informar sobre as características da enfermidade, os riscos aos que se atopa exposto persoal traballador e persoal técnico de Prevención de Riscos Laborais que traballan en granxas avícolas, así como ao persoal de empresas que exercen parte da súa actividade nas devanditas granxas (laboratorios, centros veterinarios, …)., e as medidas preventivas a aplicar, co fin de evitar o seu contaxio entre a poboación traballadora e a sociedade, en xeral.

As emendas ao Código do Convenio sobre o traballo marítimo entrarán en vigor o 23 de decembro de 2024

11-07-2024 - OIT

Xa está confirmado que as oito emendas ao Código do Convenio sobre o traballo marítimo, 2006, na súa versión emendada (MLC, 2006) adoptadas pola OIT en 2022 entrarán en vigor o 23 de decembro de 2024. O obxectivo destas emendas é seguir mellorando as condicións de traballo e de vida no mar. No relativo á Protección da Seguridade e a Saúde e Prevención de Accidentes: A xente de mar disporá de equipos de protección persoal de tamaño adecuado, en particular para adaptarse ao crecente número de mulleres de mar e see rexistrarán todas as mortes da xente de mar, comunicándose anualmente á OIT e publicándose os datos correspondentes.

Guía de planificación do tempo de traballo no departamento de pisos como ferramenta preventiva

10-07-2024 - ICASEL

Nesta guía propóñense uns criterios técnicos para adaptar e aplicar o estudo de tempos como unha ferramenta preventiva eficaz na adecuación e/o regulación do ritmo e a carga de traballo no posto de camareira de pisos. Está destinada ao Departamento de Pisos, en particular ao posto de traballo de camareira de pisos na limpeza de habitacións, sen descartar a súa utilización para o cálculo de tempo noutras tarefas de limpeza.

Directrices para a retirada do amianto instalado

05-07-2024 - INSST

O presente documento constitúe unha guía metodolóxica de carácter non vinculante dirixida aos concellos para apoiarlles na elaboración dos censos municipais de amianto segundo a obrigación que deriva da disposición adicional décimo cuarta da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, e sempre que non se aproben outros regulamentos normativos que desenvolvan dita disposición.

Real Decreto 612/2024, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo

03-07-2024 - BOE

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS