Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Criterio Técnico nº 97/2016, relacionado co desprazamento de traballadores/as no marco dunha prestación de servicios transnacional.

ITSS
O obxectivo deste CT, que substitúe ao CT nº 42/2005, é o de estabelecer criterios sobre desprazamentos transnacionais, tanto de traballadores/as procedentes doutros Estados do Espazo Económico Europeo (EEE) cara ao Estado español, como de traballadores/as desprazados desde o Estado español cara aos devanditos Estados. Os EEE inclúen os Estados membros da Unión Europea máis Islandia, Liechtenstein e Noruega.

O punto cinco do criterio cuarto «As condicións de traballo dos traballadores desprazados» recolle temas de interese en relación coa prevención de riscos laborais.Algunhas das cuestións máis relevantes son:- En materia de prevención de riscos laborais, a lexislación española que regula as condiciónsmínimas de seguridade e saúde (Lei 45/1999, do 29de novembro, sobre o desprazamento de traballadoresno marco dunha prestación de servizostransnacional, art. 3) será aplicable ás empresasestabelecidas nun Estado membro da UE ou do EEE que despracen traballadores/as a España.- En materia de xestión da prevención (integración da prevención, plan de prevención, organización preventiva, avaliación de riscos e planificaciónpreventiva), dado que gran parte das devanditas obrigas refírense á empresa no seu conxunto e non a un determinado centro de traballo, a lexislación do Estado do país de orixe ou de establecemento da empresa que presta os servizos e despraza aos traballadores, pode introducir matices en canto ao seu nivel de esixencia e concreción documental.- Tratándose de obras de construción, dado que a documentación preventiva e determinados recursos preventivos estabelécense respecto dunhaobra concreta cuxa execución se realiza no Estado español, a empresa estranxeira terá que acomodarse á lexislación española.- En relación ás obrigas relativas á formación en materia preventiva e á vixilancia da saúde, haberá que valorar a equivalencia entre as obrigas desenvolvidas no Estado de establecemento coas establecidas no Estado español pola Lei e polos convenios colectivos.- En relación coas condicións de xornada e descansos aplícanse as disposicións dos artigos 34 a 38 do Estatuto dos Traballadores.

Ligazón ao Criterio Técnico nº 97/2016

Ligazón aos Criterios Técnicos da ITSS

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais