Financiado por:
Novidades lexislativas:
DOG 16/9/21 179 Bis ORDE 16/9/21 medidas prevención específicas COVID-19 GalizaDOG 14/9/21 177 Bis ORDE 14/9/21, novo plan hostalaría segura GalizaDOG 10/9/21 175 Bis ORDE 9/9/21 medidas cualificadas prevención COVID-19 Galiza
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 39

15-07-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Diversos estudos e traballos científicos teñen evidenciado que a actividade dos sindicatos de clase en materia preventiva realizada polos seus delegados/as, afiliados e as súas estruturas técnicas de apoio e asesoramento en materia de prevención, inflúen e repercuten moi positivamente na mellora da seguridade e das condicións de traballo nas empresas, propiciando o que se deu en chamar “o efecto sindicato”, que demostra que cando nas empresas existen delegados/as, afiliados/as apoiados por estruturas técnicas de prevención das organizacións sindicais, multiplícanse as intervencións e propostas de mellora das políticas e actuacións de prevención de riscos laborais nas empresas, con resultados significativamente máis positivos que cando estas estruturas non existen nin participan.

Campaña da EU-OSHA para persoal temporero

21-09-2021 - EU-OSHA

Promover unhas condicións de traballo xustas e seguras entre o persoal temporero da UE é o obxectivo da campaña da Autoridade Laboral Europea «Dereitos para todas as tempadas». A EU- OSHA participa na semana de acción do 20 ao 24 de setembro coa publicación dun folleto informativo e unha infografía para informar as persoas traballadoras temporeras sobre os seus dereitos para gozar dunhas condicións de traballo seguras e saudables.

O INSST lanza a campaña “Traballos en cubertas: o importante é baixar con vida”

20-09-2021 - INSST

Dende o 20 de setembro, e ata o 22 de outubro, o INSST lanza a campaña “Traballos en cubertas: o importante é baixar con vida”, co obxectivo de reducir os accidentes laborais por caídas dende cubertas e tellados, os cales orixinan un elevado número de falecemento e lesións graves todos os anos. A campaña está dirixida ás empresas e traballadores autónomos que realizan traballos sobre cubertas e aos titulares dos edificios que contratan estas actividades.

Traballo remunerado e non remunerado: a pandemia acentúa o fenómeno da dobre xornada entre as mulleres

17-09-2021 - IGUALDADE

O estudo, realizado polas profesoras Lídia Farré (Universitat de Barcelona, MOVE e IAE-CSIC) e Libertad González (Universitat Pompeu Fabra e Barcelona GSE), sobre o que se basea este artigo analiza os efectos da pandemia da covid-19 sobre a distribución do traballo remunerado e non remunerado entre homes e mulleres. Para iso, levouse a cabo unha enquisa entre homes e mulleres con menores de 13 anos en dous momentos: o período inmediatamente anterior á declaración do estado de alarma, o 14 de marzo do 2020, e o período posterior ao confinamento e á primeira onda (novembro e decembro do 2020). O obxectivo do estudo é aproximarse aos efectos asociados á irrupción da pandemia sobre a desigualdade de xénero.

Indice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. Agosto 2020-Xullo 2021

16-09-2021 - INSST

Comparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre Agosto 2020-Xullo 2021

Plan de hostalaría segura de Galiza

15-09-2021 - DOG

O Plan de hostalaría segura de Galiza ten como obxectivos principais proporcionar un marco de estabilidade das condicións de apertura nos establecementos de hostalaría con independencia dos niveis de restricións de cada concello, recoller as medidas sanitarias comúns de aplicación en todos os establecementos de restauración e hostalaría por mor da pandemia de SARS-CoV-2 e establecer as medidas sanitarias de aplicación para garantir un nivel maior de compromiso e obter beneficios adicionais de capacidade e horario nos establecementos de restauración e hostalaría, independentemente da situación epidemiolóxica.

Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027

17-09-2021 - DOUE

Sobre a base da experiencia adquirida en materia de defensa contra o cambio climático de grandes proxectos durante o período 2014-2020, as presentes orientacións integran dita defensa nos procesos de xestión do ciclo de proxecto (GCP), avaliacións de impacto ambiental (EIA) e avaliación ambiental estratéxica (EAE), e inclúen recomendacións para apoiar os procesos nacionais de defensa contra o cambio climático nos Estados membros.

O 40% dos accidentes laborais mortais que se produciron no 2020 debéronse a infartos de miocardio e derrames cerebrais

14-09-2021 - SAÚDE LABORAL

Os datos de 2020 que ofrece a Fundación Española do Corazón revelan que case o 40% dos accidentes laborais mortais que se produciron neste ano pandémico debéronse infartos de miocardio e derrames cerebrais. Uns datos preocupantes xa que se incrementou o número destes sucesos causados por problemas cardíacos respecto a os datos do ano 2019. En concreto, o aumento foi de máis do 17%.

Guía rápida sobre fontes e usos de estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo

13-09-2021 - OIT

Esta guía ofrece unha visión xeral dos principais aspectos das estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo, incluíndo a súa pertinencia e usos. Tamén presenta as normas internacionais que rexen as estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo e inclúe unha descrición dos indicadores de seguridade e saúde no traballo máis utilizados.

O risco de depresión aumenta un 300% nunha contorna laboral tóxica

10-09-2021 - SAÚDE LABORAL

As empresas que non poñen como prioridade a saúde mental dos seus empregados/as provocan o aumento da taxa de depresión entre o seu persoal ata nun 300%. Así o concluíu un equipo de investigadores da Universidade de Australia tras un ano de estudo en diferentes sectores poboacionais de traballadores/as.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS