Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/7/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 25

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 25 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

No sumario deste número atopamos baixo o epígrafe Análise - Opinión, o artigo "Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional", no que se repasan os aspectos máis destacados do documento.

No capítulo Documento-Análise contamos co artigo "A participación dos/as traballadores/as na xestión da seguridade e saúde no Estado español. A evidencia cualitativa de Esener-2", baseado no texto do Observatorio Europeo de Riscos, Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o epígrafe Sabías que...?  o Boletín acolle o artigo "O estrés térmico e o golpe de calor: medidas preventivas" e en Información "O argumento económico en favor da seguridade e a saúde no traballo: análise custo-beneficio das intervencións realizadas en pequenas e medianas empresas", baseado nun texto da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais