Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Nun experimento realizado na Universidade de A Coruña logran reducir a concentración de radón nun 76%

Saúde
O experimento, cuios resultados veñen de publicarse na revista Sensors baixo o título 'Radon Mitigation Approach in a Laboratory Measurement Room', levouse a cabo a longo de 10 anos nunha sala específica (sala de medición), onde se atopa todo o equipo utilizado neste estudo, situada na Facultade de Enxeñería de Ferrol, por investigadores do Laboratorio de Radioactividade Ambiental (LRA) da Universidade da Coruña; este laboratorio realiza estudos relacionados coas medicións radioactivas e a análise dos datos obtidos nas mesmas.

Este experimento realizouse nunha habitación pequena, pechada e con pouca ventilación do Laboratorio de Radioactividade Ambiental na que se detectou concentración de gas radón.Neste espazo, de dimensións 3,20 metros de alto, 5,80 meros de longo e 3,55 metros de ancho, orientado ao oeste e situado no segundo andar dun edificio con estrutura de formigón armado e paredes de ladrillo revestido e pintado, colocouse o equipo usado no experimento e se realizaron todas as medicións. A habitación conta cunha porta e unha xanela situada na parede oeste na que se instalaron os sistemas de mitigación.

Debido á situación da sala de medición, a súa estrutura e a idade do edificio, desestimáronse varios métodos de mitigación como a ventilación baixo o chan ou sistemas de selado e se considerou a ventilación positiva, ou ventilación por impulsión, a solución máis vialble e de menor custo. Este sistema consiste en colocar ventiladores que sopran aire fresco e filtrado na sala de medición mediante presurización, evitando que entre o radón e diluíndo o que está. Así instaláronse dous ventiladores, co fin de presurizar e diluír o gas radón, e un sistema de aire acondicionado, para reducir a humidade do aire, manter a temperatura sobre uns 20 graos Celsius, climatizar e maner constantes as condicións ambientais na sala de medición. O número de ventiladores foi determinado logo de varias probas, considerando finalmente que dous éra o número suficiente para garantir unha correcta ventilación. Os ventiladores foron instalados na xanela da habitación.

As medicións comezaron en 2007, determinando a concentración de radón en diferentes días entre o 25 de abril e o 23 de novembro, sen solución de mitigación. Posteriormente dende o 30 de novembro ata o 25 de xaneiro de 2008, realizaronse medicións logo de instalar un ventilador; no seguinte período de medición, do 25 de xaneiro ao 1 de decembro de 2008, xa estaban instalados os dous ventiladores.  A análise dos datos de concentración de radón indicou que os valores diminuiran unha vez implantadas as solucións de mitigación. Dende o 1 de decembro de 2008, incorporouse un sistema de aire acondicionado, que sumado ao traballo dos dous ventiladores, acadou unha redución da concentración de radón nun 76%.

"A ventilación positiva conseguiu bos resultados presurizando a sala de medición e evitando a entrada de radón. Para iso instaláronse dous ventiladores co obxectivo de reducir a concentración de radón a un valor baixo. Ademais, o aire acondicionado contribuíu lixeiramente á mitigación do radón e permitiu un rendemento de condición repetible moi bo para as medicións".

A investigación foi financiada pola Universidade da Coruña e polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, contou coa colaboración do Consejo de Seguridad Nuclear de España e o apoio do Ministerio de Economía y Competitividad e do Goberno do Principado de Asturias, a través da Consejería de Economía y Empleo.  

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais