Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
15/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Psicose grave debida á presión asistencial sufrida por un médico considerada como accidente laboral

Sentenza
O Xulgado do Social número 6 de Granada, recoñeceu como accidente de traballo a grave psicose que padecía un médico de familia como consecuencia da tensión laboral á que estaba sometido. A sentenza, que entende que existe un nexo causal entre a actividade profesional e a presión asistencial, condena ao Servizo Andaluz de Saúde (SAS) a pagar a recarga da prestación por falta de medidas de seguridade.

Segundo se relata no informe emitido pola Inspección de Traballo, mentras o médico pasaba consulta e atendía aos seus pacientes sufriu unha crise nerviosa; o Servizo de Saúde Mental calificou este feito como "episodio maníaco con síntomas psicóticos pola tensión laboral ao que estaba sometido como consecuencia da presión asistencial". Na investigación promovida polo SAS co fin de avaliar os riscos psicosociais, constatouse que a carga de traballo, entre outros factores analizados, tiña unha porcentaxe superior ao 75 por cento. Aínda así o INSS denegou o accidente como accidente laboral.

No informe da ITSS indicabase que non se elaborou unha planificación da actividade preventiva; polo tanto, "constátase un incumprimento en materia de prevención de riscos laborais".Na súa sentenza, o xulgado explica que "é deber do empresario [SAS] non só proporcionar ao traballador os medios de seguridade adecuados senón instruírlle sobre a súa utilización". Por iso, "a soa insuficiencia de formación proporcionada é causa determinante da recarga, sempre que a omisión da formación sexa a causa do accidente". "A entidade xestora non acreditou que fornecese as informacións técnicas sobre a materia ao facultativo"; isto é, que recibise un "curso de prevención de riscos laborais básico e/ou específico do seu posto de traballo nin que se lle garantise unha vixilancia da saúde".O maxistrado tamén chama a atención noutro aspecto: aínda que o médico de familia tiña antecedentes de afeccións psíquicas, a ITSS calificou o sinistro  como accidente de traballo, o que significa que "non deriva dunha deterioración progresiva da saúde senón do impacto da actividade laboral do facultativo". Por iso é polo que "non se rompeu o nexo ou a relación de causalidade entre o traballo realizado e a lesión producida no ámbito laboral".O xulgado conclúe afirmando que "o sinistro non se produciría se ao médico de familia se le garantise unha vixilancia e protección da saúde unido ao coñecemento da avaliación de riscos; en especial, respecto dos factores psicosociais".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais