O pasado día 16 de decembro de 2010 tivo lugar no Hotel Tryp San Lázaro de Santiago de Compostela a Xornada de presentación da Acción DI 0005/2009: "Estudio dun novo marco normativo para a mellora das condicións de traballo no sector naval. Guía de boas prácticas", financiada pola "Fundación para la prevención de riesgos laborales". Con esta acción preténdese salientar a necesidade da creación dun marco normativo específico para este sector. A esta xornada asistiron membros do ISSGA, Técnicos/as de prevención de diversas empresas, delegados/as da CIG e representantes do Parlamento.