Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
5/12/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Sete de cada 10 traballadores sufren dolores musculares

Saúde laboral
Aproximadamente o 74% dos traballadores padece dores de tipo muscular. As dores a nivel de rexión lumbar supoñen o 40% , os relacionados coa columna dorsal un 26% e outro 26% afectan a columna cervical e pescozo. As dores de costas son un problema crónico que afecta a moitísimos españois. Calcúlase que hai 9,8 millóns de españois, case 10 millóns, afectados a dor de costas.

A incidencia destas dores de costas é máis frecuente nas mulleres que nos homes. Aproximadamente un 4% máis nas mulleres que nos homes. Nos últimos anos o uso dos computadores que se estendeu como todo o mundo sabe dunha maneira tremenda supón un 30% de sobrecarga destas doenzasSegundo unha entrevista realizada ao Dr. Jesús Honorato Pérez, Director do Servizo de Farmacoloxía da Clínica Universitaria de Navarra, dende o punto de vista de tratamento farmacolóxico, o máis importante é a utilización o máis precoz posible de antiinflamatorios non esteroideos, por exemplo a aspirina é un fármaco que vén moi ben neste campo. O ácidoacetilsalicílico ten un efecto analxésico e antiinflamatorio, é dicir estamos a actuar sobre os dous compoñentes máis importantes da dor de costas. Na UE calcúlase que o 40% dos custos das enfermidades laborais está producido polas dores de costas.

Prevencionar.com

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011