Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
30/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Indemnización de 500.000 euros pola morte dun mecánico

ACCIDENTE LABORAL
O xulgado do Social número 4 de Murcia concedeu unha indemnización de 500.000 euros á viúva -e á súa filla de catro anos- pola morte en accidente laboral do seu home. O mecánico J.F.E. faleceu ao quedar atrapado pola engrenaxe dun autobús que estaba a arranxar.

Aquela tarde, ocupábase de revisar un autobús que aínda non pisara o asfalto. Un compañeiro comprobou que o mesmo perdía aire por unha roda e llo comentou a un dos encargados. Este sinalou ao mozo mecánico e lle encargou a tarefa. O problema, neste caso, foi que, tal e como sinala a sentenza, naquel momento non había ningún foso nin columna elevadora libre polo que a revisión se realizou sen estar todo o autobús dentro do taller e a nivel do chan. Outro traballador da empresa subiuse ao autobús e foi seguindo as instrucións do falecido pisando os pedais e movendo o volante. Minutos despois, este empregado deixou de ouvir ao mecánico. Ao asomarse baixo o autobús comprobou que quedara atrapado entre unha roda e o chasis. Morreu ás poucas horas.

 

«O máis importante desta sentenza é que é un resarcimiento moral para a familia», sostén o avogado que levou o caso. «A empresa tratou de demonizar á familia e de culpar ao empregado. É unha sentenza exemplarizante».

 

Son moi contados os casos en que un xuíz decide outorgar a unha familia unha indemnización de tanta altura. Para facelo, neste caso, o maxistrado tivo en conta a gravidade dos feitos, a responsabilidade da empresa e o diñeiro que esta familia deixou de percibir pola pronta morte do mozo. No momento do falecemento, F. estaba recentemente casado e tiña unha nena de nove meses. «A el quedáballe por diante unha vida laboral moi extensa», lembra o letrado.

A resolución do xulgado do Social recoñece que o sinistro estivo motivado pola falta de medidas de seguridade na empresa. «Quedaron probados feitos suficientes que acreditan a relación de causalidade entre a falta de medidas de seguridade e o accidente», dita. O quid do asunto é o feito de que o traballador tivese que realizar a revisión do autobús a nivel de chan, sen ningún foso nin columna elevadora. O maxistrado considera que «houbo unha deficiencia no control das medidas previstas na avaliación de riscos ao atoparse o traballador baixo un autobús sen gatos e sen soportes fixos adicionais».

Non en balde, a investigación deste accidente xa levou á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social a sancionar á empresa cunha multa de máis de 20.000 euros por unha infracción grave en materia de riscos laborais. Con este razoamento, o titular do xulgado do Social número 4 de Murcia descarta que a culpa do sinistro fose do traballador ou que concorrese algún tipo de responsabilidade do mesmo.

O despacho de avogados impulsou tamén unha denuncia penal contra a empresa por un presunto delito contra os dereitos dos traballadores. Un xulgado de Totana instrúe o caso.

Esta sentenza concede unha indemnización de 200.000 euros á viúva, veciña de Las Torres de Cotillas, e de 300.000 euros para a súa única filla, unha nena que xa ten catro anos. A demandada pode agora recorrer esta resolución ante o Tribunal Superior de Xustiza (TSJ), pero para iso debe consignar os 500.000 euros que foi condenada a abonar.

 

laverdad.es - Murcia

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011