Quince anos despois da entrada en vigor da Lei de Prevención de Riscos laborais, as cifras, as estatísticas, a realidade demostran a impunidade con que actúan as empresas en materia de seguridade e o fracaso estrepitoso dos gobernos nas súas obrigacións no control das condicións de traballo e na persecución aos infractores. Curiosamente, era esta unha norma coa que se pretendía converter ao Estado español nun estado moderno e respectuoso co dereitos dos traballadores e traballadoras.