Nos lugares de traballo, tales como escolas, hospitais, hoteis, restaurantes e plantas de fabricación, úsanse produtos químicos de limpeza para garantir a hixiene das súas instalacións.
Entre os traballadores que manexan estes produtos están os de mantemento de edificios, porteiros e amas de casa.
A NIOSH e a OSHA redactaron unha nota informativa onde se dan recomendacións para o uso seguro dos produtos químicos durante a súa aplicación.
Para acceder á nota informativa, en inglés, clicar no seguinte enlace:
http://www.osha.gov/Publications/OSHA3512.pdf
Fonte: Asociación Española de Hixiene Industrial.