Eusebio Rial González, Xefe do Observatorio de Riscos da Axencia Europea.
O envellecemento da poboación, o crecente acceso da muller ao traballo, a inmigración, os avances tecnolóxicos... están a variar profundamente a contorna laboral. Con iso, xorden novos riscos que ameazan a seguridade e a saúde dos traballadores. Para anticiparse a estes cambios, é preciso levar a cabo investigacións que permitan desenvolver novas políticas de prevención.