A experiencia amosou que a avaliación axeitada dos riscos é a clave para dispor de lugares de traballo saudables. Con todo, a realización da avaliación de riscos pode supor un reto, especialmente para as pequenas empresas, xa que carecen de recursos adecuados ou dos coñecementos necesarios para efectuar a devandita avaliación de forma eficaz. As razóns que alegan as empresas para non levar a cabo avaliacións de riscos son: a falta de experiencia (41%) e a convicción de que as avaliacións de riscos son demasiado caras ou de que requiren demasiado tempo (38%).
No que se refire a OIRA, EU-OSHA ofrece neste caso unha ferramenta gratuíta en liña que da que se espera axude a superar estas dificultades, contribuindo a reducir a taxa correspondente a 168.000 mortes relacionadas co traballo, 7 millóns de accidentes laborais e 20 millóns de casos de enfermidade profesional que se producen cada ano na UE-27.
O obxectivo do proxecto modelo da EU-OSHA é axudar a pequenas empresas a instaurar un procedemento de avaliación de riscos paso a paso; desde a identificación e a avaliación dos riscos no posto de traballo, pasando pola toma de decisións sobre accións preventivas e a identificación de medidas axeitadas, ata a supervisión e información continuas. O obxectivo é reducir a carga administrativa que supón para as pequenas empresas efectuar e documentar as avaliacións de riscos de forma sinxela e rápida, mantendo á vez a súa precisión.
A ferramenta final está reforzada por servizos de apoio e unha guía completa proporcionados polos desarrolladores de EU-OSHA.
Os proxectos OIRA puxéronse en marcha no ámbito da UE e dos Estados membros (Chipre, Bélxica e Francia), e dirixiron o modelo de desenvolvemento e difusión abarcando sectores como barbería ou transportes.
Baseandose na boa acollida do instrumento de avaliación do inventario de riscos neerlandés, a ferramenta OIRA proponse reproducir a devandita boa acollida en toda Europa. Desde a creación desta ferramenta neerlandesa en liña (www.rie.nl), a súa páxina web recibiu 1,6 millóns de visitas en total. Esta é unha cifra impresionante dado o tamaño, relativamente pequeno, dos Países Baixos, que dispón de 800.000 empresas en total, aproximadamente. A ferramenta foi descargada unha media de 5.000 veces ao mes.
Máis información no sitio web adicado ao proxecto OIRA: http://www.oiraproject.eu/about