A Estratexia aborda a formación en prevención de riscos laborais fundamentalmente dentro do Obxectivo 6 (potenciar a formación en materia de prevención de riscos), pero tamén nos Obxectivos 1 (lograr un mellor e máis eficaz cumprimento da normativa, con especial atención ás PEMES), 2 (mellorar a eficacia e a calidade do sistema de prevención) e 8 (mellorar a coordinación institucional). Como colofón do obxectivo 6, a Estratexia contempla a elaboración un Plan Nacional de Formación en Prevención de Riscos Laborais, para ordenar de maneira racional as distintas actuacións que prevé a Estratexia neste campo. Así mesmo, no seu apartado 8.1, contémplase a creación, no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, dun Grupo de Traballo sobre formación en materia de prevención de riscos laborais, como forma de mellorar a coordinación institucional e o deseño das políticas públicas nesta materia.
Este Grupo de Traballo elaborou un documento con diversos apartados ou fichas, que constitúe o Plan Nacional de Formación en Prevención de Riscos Laborais, cuxo texto final foi aprobado nos plenarios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo de datas 9 de decembro de 2010 e 21 de xuño de 2011.O documento do Plan Nacional de Formación está dispoñible na páxina do INSHT e podes consultalo premendo aquí. (pdf, 562 Kbytes)