Ao longo deste ano desenvolverase este estudio que ten como obxeto ver a importancia da identificación e determinación dos factores de risco psicosocial e de seguridade en relación co tipo de xornada laboral.
Cada vez máis os traballadores no seu conxunto consideran e valoran a estrutura e secuencia da xornada laboral en relación á estrutura e secuencia dos tempos de descanso, conscientes da incidencia determinante da mesma non só na súa seguridade laboral, física e psicosocial, senón tamén en relación ás súas posibiidades de desenvolvemento persoal e profesional, así como na conciliación coa súa vida familiar e social.