Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
17/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: muscular : : pescozo : : postura :

Sufres o síndrome do text neck?

ERGONOMÍA
É o nome que recibe o trastorno na posición do pescozo provocado polo uso de teléfonos móbiles, lectores de libros electrónicos, tabletas, consolas portátiles e outros gadgets “de peto” para ler, escribir mensaxes, ver vídeos, xogar ou chatear.

Segundo publicaba hai pouco o diario británico The Telegraph, o text neck ou postura da cabeza cara a adiante (FHP polas súas siglas en inglés) é o trastorno muscular “de moda” na era da información, e estase convertendo nunha auténtica epidemia en Estados Unidos e en moitos países europeos.

Caracterízase por rixidez de pescozo, dor de ombreiros e cefaleas. E todo apunta a que se desencadea tras manter durante demasiadas horas ao día unha postura co pescozo inclinado cara abaixo. Nalgúns casos, os músculos chéganse a adaptar tanto á postura que custa volvelos a colocar no seu sitio, e o pescozo perde a súa curvatura natural.

Maís información http://text-neck.com/

Prevencionar.com

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011