Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4
Un estudo dirixido por Marianna Virtanen, do Finnish Institute of Occupational Health e a University College London, someteu a observación a máis de 2000 asalariados británicos durante case seis anos. Os máis afectados por depresión resultaron ser aqueles cunha xornada laboral superior ás oito horas, incluso tendo en conta outros factores de risco como o estilo de vida, o seu estado de saúde física ou o alcoholismo. Os resultados do estudo tamén arroxan o dato de que traballar máis horas implica un 60% máis de risco de sufrir un trastorno cardíaco.
España está á cabeza de Europa en canto a horas traballadas e a duración da súa xornada laboral só se reduciu un 13% nos últimos 60 anos, cando a media europea é do 25%. Segundo o Institut National da Stastistique et deas Études Économiques –INSEE-, en 2007 cada español pasaba no seu lugar de traballo 1.775 horas anuais, fronte ás 1.607 de Reino Unido, as 1.559 de Francia ou as 1.432 de Alemaña. Outro estudo, recollido neste caso pola publicación online PLOS ONE, tamén apuntou que a maior parte dos empregados sometidos a unha xornada laboral máis longa do estipulado son na súa maioría homes, casados e en posicións laborais superiores ás dos traballadores cuxa xornada laboral se ve respectada.
O estudo de Virtanen tamén apunta que os integrantes deste perfil en risco tenden a beber máis alcol do recomendado. A probabilidade de atopar un traballador que atravesase un episodio de depresión severa no últimos seis anos é un 2,5 maior entre o colectivo de traballadores de once horas, mesmo cando ningún dos integrantes da mostra sufriran outro tipo de trastorno de saúde mental con anterioridade.
A autora do estudo declarou que “aínda que traballar por encima da xornada estipulada poida implicar beneficios para o individuo e a sociedade, é importante recoñecer que traballar unha cantidade excesiva de horas está asociado a un maior risco de sufrir depresión severa”. Paul Farmer, xefe executivo da institución benéfica para a saúde mental Mind, opina que “obrigar ás persoas a traballar en exceso é unha falsa economía, xa que non só son traballadores cansos, infelices e menos produtivos. Manexar indebidamente a súa exposición a sufrir problemas mentais pode resultar custoso para o negocio. Que o empregado sufra de depresión asociada ao traballo non debe concibirse como un signo de debilidade, senón de que quizais hai algo que non funciona na súa contorna de traballo”.
Fonte de Datos: elconfidencial.com