Esta ferramenta ten carácter claramente divulgativo, aporta información gráfica y técnica coa intención de facilitar ao usuario a identificación coas súas condicións de traballo.
Na actualidade, o portal agrupa a información en tres tipos de situacións de traballo, que son as seguintes: accidentes de traballo investigados, situacións de exposición a axentes químicos, situacións de traballo perigosas producidas polas máquinas.
Na elaboración dos contidos presentados participan técnicos/as do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, do Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral, Instituto Vasco de Seguridad y Salud Laborales, Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales, etc