Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Alegacións formuladas pola CIG ao Plan Hidrolóxico do Miño - Sil - Limia

Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola CIG a través da Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel ao Plan Hidrolóxico do Miño - Sil - Limia.

Este plan será o responsable de marcar a xestión hidrolóxica dunha superficie de 17.717 quilómetros cadrados, dos que o 46,8% están en Galiza. Dende o punto de vista fluvial, a rede hidrográfica da Demarcación Hidrográfica del Miño‐Sil está constituida pola bacía do río Miño, e o conxunto dos seus afluentes, destacando como principal o río Sil. O resto da bacía do Miño‐Sil está formada por leitos da rede hidrográfica de maior ou menor entidade. Destacan para o río Miño, os ríos Ladra e Neria no sistema de explotación Miño Alto, e o Arnoia e Louro no sistema de explotación Miño Baixo; para o río Sil, os ríos Boeza, Burbia e Selmo no sistema de explotación Sil Superior e Bibei e Cabe no sistema de explotación Sil Inferior. Asemade, a Demarcación Hidrográfica do Miño‐Sil, engloba a parte española da bacía do río Limia cunha superficie de 1.329 km2 e unha lonxitude de río de 41 km.

Documentos
Alegacions Plan H Miño Sil.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011