Tras a súa intervención no II Coloquio Europeo sobre seguridade e saúde na construción, a secretaria explicou en declaracións a Efe que o plan, elaborado en colaboración cos sindicatos e as patronais estatais, xa está "practicamente rematado" e previsiblemente aprobarase no próximo Consello Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
Con esta iniciativa o Goberno pretende impulsar a entrada no sistema educativo da prevención de riscos laborais, "non só como valor, senón tamén como contido específico", fundamentalmente en carreiras universitarias técnicas como enxeñerías e arquitectura, pero tamén en Formación Profesional (FP).
O obxectivo, é "irradiar" o valor da seguridade ao sistema educativo, porque "garantir a formación hoxe, evitará que mañá se produzan accidentes".