No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola CIG a través da Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel ao Plan Hidrolóxico da demarcación hidrográfica Galiza-Costa o pasado 18 de febreiro de 2011.
O ámbito hidrográfico Galiza-Costa comprende as cuncas hidrográficas que se atopan integramente no territorio da Galiza e o seu ámbito territorial esténdese polas tres provincias costeiras, abranguendo o 44% do territorio galego e o 75% da súa poboación. O 68% da demanda de auga neste territorio é satisfeita a través das redes municipais, sendo o uso agrario dun 21% e o industrial dun 11%.