Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
1/12/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

Real Decreto 298/2009.
Real Decreto 298/2009, de 6 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

 

A Directiva 92/85/CEE do Consello, de 19 de outubro de 1992, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dese a luz ou en período de lactación, estableceu, no ámbito comunitario, unha serie de disposicións cuxo obxectivo era a protección deste colectivo de traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos. No noso país, a incorporación da directiva efectuouse mediante a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, que no seu artigo 26, modificado posteriormente pola Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras e, recentemente, pola Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, contempla a práctica totalidade das disposicións da directiva.

Documentos
RD 298 2009.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011