Financiado por:
Novidades lexislativas:
DOG 26/02/21 LEI 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación Lei 8/2008, de saúde de GalizaDOG 25/02/21 38 Bis DECRETO 31/2021 Medidas COVID-19 Galiza marco Decreto 926/2020DOG 25/02/21 38 Bis ORDE 25/02/2021, medidas prevención Galiza COVID-19
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

24-02-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

O día 14 de xaneiro de 2021 entrou en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas; a normativa xa está vixente para os novos plans que se elaboren e para os que xa existan, que deberán adaptar o seu contido cando teña lugar a súa revisión, como máximo nun prazo de doce meses a partires da entrada en vigor do Real Decreto. O regulamento esixe que os plans de igualdade sexan negociados entre a dirección da empresa e os traballadores/as e que sexan inscritos en rexistro público.

Prórroga da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020

02-03-2021 - ACTUACIÓN PREVENTIVA

O Consello de Ministros aproba a prórroga da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020. Esta Estratexia ten como principais obxectivos asegurar unha mellora continua das condicións laborais e desenvolver políticas preventivas eficaces.

Non procede a recarga de prestacións se o traballador non utiliza as ferramentas que lle facilita a empresa para diminuír os riscos propios do seu traballo

01-03-2021 - SENTENZA

A recarga de prestacións regulado no artigo 123 da Lei Xeral da Seguridade Social é unha institución específica e singular da nosa normativa de Seguridade Social non subsumible plenamente noutras figuras xurídicas típicas que require a concorrencia de tres elementos: 1) a existencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional do cal se deriven prestacións económicas da seguridade social, 2) un incumprimento empresarial das obrigacións de seguridade e saúde laborais e 3) un nexo causal entre o accidente ou enfermidade profesional e o incumprimento.

Guía de actuación para a implantación de comportamentos seguros e saudables, xeradores de cultura preventiva e de excelencia

26-02-2021 - INSST

O obxecto principal desta Guía é poñer ao dispor do lector un itinerario de axuda que, independentemente do seu nivel, experiencia ou crenza en Cultura Preventiva, o seu uso e seguimento, consiga na organización e nas persoas traballadoras que o poñan en práctica: o compromiso coa Seguridade, a promoción da Saúde e o crecemento profesional, obtendo como resultado esperado, un avance significativo no benestar das persoas e na excelencia da compañía como xeradora de servizos e produtos á sociedade.

Un decenio de acción para un envellecemento saudable e unha vida laboral máis saudable

25-02-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A man de obra envellecida e en diminución supón un importante desafío en Europa: para 2030, espérase que as persoas traballadoras de entre 55 e 64 anos representen o 30% ou máis da man de obra. Mentres tanto, moitas persoas abandonan o mercado laboral moito antes de alcanzar a idade de xubilación.

Investigadores do CSIC obteñen un nanomaterial que elimina o coronavirus e é aplicable en máscaras e tecidos

23-02-2021 - I+D+i

Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu un novo nanomaterial, constituído por nano partículas de cobre, que inhibe as proteínas do coronavirus SARS-CoV-2 e bloquea a súa propagación. O material, que xa foi protexido mediante patente, é aplicable en recubrimento de máscaras cirúrxicas, en tecidos de protección de uso hospitalario, e en recubrimento de superficies de contacto, como varandas ou pomos no transporte público. Os investigadores están a estudar o seu desenvolvemento industrial para levalo ao mercado.

As mutuas: un niño de corrupción económica e malas prácticas contra a saúde dos traballadores/as

22-02-2021 - SAÚDE LABORAL

O xulgado de instrución de Reus empezou a chamar a testemuñas e a directivos de Activa Mutua que, segundo a acusacion da Fiscalía, malgastaron diñeiro público. Activa é unha das 19 mutuas colaboradoras da Seguridade Social, antes chamadas mutuas de accidentes de traballo, entidades sen ánimo de lucro que xestionan millóns de euros de diñeiro público procedente das cotizacións de traballadores/as e empresarios/as. Nos últimos anos a xestión de varias destas entidades estivo en dúbida por diversas irregularidades. O Ministerio de Emprego tivo que intervir dous delas, Mutua Canaria e Mutua Universal, e outras están ou estiveron inmersas en procedementos xudiciais por defraudar á Seguridade Social.

Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención do persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de COVID-19

19-02-2021 - CONSELLERÍA DE SANIDADE

O presente Plan ten por obxecto dar unha resposta adecuada e unificada no ámbito da prevención de riscos psicosociais derivados da pandemia da COVID-19 para previr e minimizar as repercusións desta crise sobre a saúde psicosocial do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Procedemento de investigación de casos de enfermidades profesionais

18-02-2021 - INSST

O presente Documento Técnico do INSST pretende, con criterios preventivo-laborais, presentar un marco de referencia para a investigación das enfermidades profesionais no marco das empresas e así poder profundar no coñecemento das mesmas.

Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2. Actualizado a 15-02-2020

17-02-2021 - MINISTERIO DE SANIDADE

Modificacións: - Actualización do apartado 7, de Colaboración na xestión da incapacidade temporal, en dous aspectos: a reavaliación de traballadores/as especialmente sensibles en incapacide temporal próximos ao esgotamento dos 365 días e concordancia co cambio na continxencia das prestacións do persoal sanitario ou socio-sanitario que contraesen o virus SARS-CoV2 no exercicio da súa profesión estabelecido no artigo 6 do Real Decreto-lei 3/2021. - Introdución do apartado "persoas vacinadas".

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS