A elección do título Novos riscos emerxentes como motivo da Xornada do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, obedece á necesidade de adecuar o ritmo dos nosos coñecementos e actividades en materia de prevención, á evolución da nosa contorna. As condicións laborais e empresariais cambian día a día e debemos facer un esforzo para lograr adaptarnos a estes cambios, ou mesmo para conseguir adiantarnos a eles.
Quizais sorprende que os chamados riscos emerxentes non son precisamente riscos descoñecidos, senón que levan anos xestando o seu desenvolvemento. O problema é que, no seu momento, non se tiveron en conta os síntomas de alerta fronte a estas situacións cambiantes.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador