Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Logo Universidade Santiago Compostela
27/12/2010 (2009-2011)
Unha das primeiras medidas da Vicerreitoría de Calidade e Planificación neste mandato foi a creación da Oficina de Igualdade de Xénero. Con esta decisión a USC ten sido pioneira no establecemento dun organismo de igualdade na súa organización adiantándose á normativa estatal vixente (LO 4/2007). A oficina, creada a finais do curso 2005-2006, ten como misión fundamental levar a bo termo o compromiso da Universidade de Santiago de Compostela coa sociedade na consecución da igualdade, asumindo os principios de igualdade de xénero como elementos fundamentais da vida universitaria.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
OIT
1/11/2010 Artigos de interes Igualdade
Formal ou informal, remunerado ou non, o traballo ocupa un lugar central na vida das persoas, en todas partes do mundo. A través do traballo, homes e mulleres definen a súa identidade e a súa función na sociedade. Pero a pesar dos ingresos e satisfaccións persoais que a moitos proporciona, tamén pode entrañar perigos e riscos para a saúde e a seguridade.Segundo estimacións da OIT, ano tras ano ao redor de 2.300.000 homes e mulleres perden a vida por mor de accidentes laborais e enfermidades profesionais, incluíndo case 360.000 por accidentes fatais e 1.950.000 por enfermidades mortais relacionadas co traballo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
INSHT
1/11/2010 Artigos de interes Igualdade
Cando se detectan problemas de saúde entre traballadoras, existe a tendencia xeneralizada de atribuílos a falta de axuste ao traballo, factores hormonais ou subxectividade. Aínda que existen sectores de emprego claramente feminizados, nos sectores non feminizados prodúcese unha franca división de labores segundo o sexo dos traballadores.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011