Financiado por:
Novidades lexislativas:
DOG 7/8/19 Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de GaliciaBOE 5/8/19 Acordo Multilateral M315 transp mercadorías perigosas por estrada (ADR), transporte de refugallos con virusBOE 2/9/19 Res 2/8/19, DXOSS termos aplicación mutuas colaboradoras coa SS coeficientes prestación IT C. comúns
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 34

11-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Segundo os datos aportados no pasado XXI Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo celebrado en Singapur, os accidentes e as lesións relacionadas co traballo son a consecuencia a nivel mundial dunha perda do 3,9% do PIB cun custo mínimo estimado de 2,68 billóns de euros. No caso da Unión Europea (EU), os problemas de saúde e as lesións relacionadas co traballo están a supoñer anualmente unha perda equivalente ao 3,3% do seu PIB o que supón uns 476 mil millóns de euros dos que unha gran parte se destinan a políticas de indemnización, asistencia social e atención sociosanitaria dos traballadores/as accidentados, que no caso español maioritariamente pagamos todos nós (a sociedade) e non as empresas responsables da sinistralidade.

O Xulgado do Social número 19 de Madrid dá a razón á Inspección de Traballo, que obrigou a dar de alta como asalariados aos repartidores (“riders”) da empresa Deliveroo.

14-10-2019 - SENTENZA

O xulgado do Social de Madrid deu a razón á Seguridade Social fronte a Deliveroo no macroproceso celebrado en maio ao considerar que os máis de 500 repartidores desta compañía, os coñecidos como “riders” e que habitualmente entregan os pedidos en bicicleta, son asalariados, e non autónomos, como defende a empresa. O fallo aínda pode ser recorrido perante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Austria prohibe a utilización do glifosato

08-10-2019 - Medio ambiente

En xullo de 2019, o parlamento austríaco aprobou unha prohibición completa do uso de glifosato en Austria, quedando prohibida a comercialización de calquera herbicida que conteña glifosato como o seu principal axente. Isto converte a Austria no primeiro Estado membro da UE en adoptar a devandita lexislación co fin de protexer a saúde pública e previr o cancro.

Contornas laborais máis seguras nos centros educativos gracias a OiRA

07-10-2019 - EU-OSHA

Os interlocutores sociais europeos CSEE e FEEE , desenvolveron, en estreita colaboración coa EU-OSHA, dúas ferramentas en liña que axudan aos centros de educación infantil e atención á infancia e aos centros de educación secundaria a avaliar os riscos de saúde e seguridade no traballo (SST) e a adoptar medidas preventivas e eficaces tanto para o persoal docente como para o non docente.

Folla informativa: carcinóxenos no traballo

04-10-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta folla de información, desenvolta conxuntamente por todos os socios da Folla de roteiro sobre carcinóxenos, proporciona consellos prácticos sobre como evitar os riscos dos carcinóxenos no lugar de traballo. Deseñado como un documento de referencia rápida para o uso diario, comeza definindo carcinóxenos ocupacionais e describindo os riscos que representan.

Máis aló do teito de cristal: por que a empresas necesitan ás mulleres en postos directivos

03-10-2019 - OIT

Hoxe, as mulleres están máis instruídas e máis activas no mercado de traballo que nunca, e cada vez con maior frecuencia desempeñan funcións directivas. A pesar destes logros, a súa presenza en cargos directivos nas empresas segue sendo inferior á dos homes

Novas fichas de axentes biolóxicos -DATABiO-

02-10-2019 - INSST

Dentro da colección de fichas de axentes biolóxicos, DATABiO, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo presenta novas fichas clasificadas segundo o tipo de axente, efectos na saúde e orde alfabética

Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. Período agosto 2018-xullo 2019

01-10-2019 - INSST

Traballar con po, sucidade e produtos químicos: como poden as traballadoras e traballadores da limpeza manterse seguras/os?

30-09-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A industria europea de servizos de limpeza e instalacións emprega a máis de 4 millóns de persoas en 277.000 empresas, moitas delas pemes. A natureza do traballo de limpeza significa que a maioría, se non todos, as limpadoras están en contacto próximo con substancias perigosas todos os días. Que pasos poden tomar as empresas de limpeza para reducir o risco de exposición dos traballadores/as?

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

26-03-2019 - Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP

A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2018 - 0038.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS