Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Radon

Documentos de interese

29-07-2021 - RADON

Lexislación relacionada

06-02-2024 - RADON

Recursos na rede

05-03-2020 - RADON

O radon nos lugares de traballo

25-03-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

O radon (Rn-222) é un isótopo radioactivo pertencente ao grupo dos gases nobres, incoloro, inodoro e moderadamente soluble na auga e outros líquidos. Procede da cadea de desintegración do uranio (U-238), que está presente nas rochas da cortiza terrestre e outros compartimentos ambientais, e é descendente directo do radio (Ra-226). Dende o subsolo, este gas pode migrar ao aire interior de vivendas e edificios, nos cales tende a acumularse.

Plan Nacional contra o Radon

26-01-2024 - MINISTERIO DE SANIDADE

O obxectivo principal do Plan Nacional contra o Radon é protexer a saúde da poboación e as persoas traballadoras fronte aos riscos para a saúde da exposición ao radon. Devandito obxectivo vén avalado polo artigo 77 do Real Decreto 1029/2022 polo cal o Goberno establecerá a política para reducir o risco para a saúde da poboación debido á exposición ao radon en recintos pechados, así como polo artigo 103 da Directiva 2013/59/Euratom, que ten como máxima establecer as bases para reducir, a medio e longo prazo, os efectos sobre a saúde debidos ás exposicións a radon en ambientes interiores (vivendas, edificios de acceso público e lugares de traballo).

O Consello de ministros aproba o Plan Nacional contra o Radón

09-01-2024 - MINISTERIO DE SANIDADE

O Consello de ministros aprobou este martes, a proposta do Ministerio de Sanidade o Plan Nacional contra o Radon co obxectivo de protexer a saúde do conxunto da poboación, e as persoas traballadoras en particular, fronte aos riscos da exposición a este elemento químico en forma gasosa.

Nova do ISSGA sobre o Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición a radiacións ionizantes

23-12-2022 - ISSGA

Mediante este real decreto realízase unha transposición parcial da Directiva 2013/59/Euratom do Consello, do 5 de decembro de 2013, no relativo á protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes quedando derrogado o Real decreto 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes e o Real decreto 413/1997, do 21 de marzo, sobre protección operacional dos traballadores externos con risco de exposición a radiacións ionizantes por intervención en zona controlada.

Fase final da tramitación para a transposición da Directiva Europea 2013/59/Euratom, pola que se estabelecen as normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións

16-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Logo de acumular oito anos de retraso na completa transposición da Directiva Europea 2013/59/ Euratom, pola que se establecen as normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes, que obriga aos Estados membros a contar cun Plan Estatal contra o radon, o Estado español sitúase no furgón de cola na protección da saúde dos cidadáns e das persoas traballadoras fronte aos efectos nocivos do gas radon que na práctica supoñen a segunda causa de cancro de pulmón segundo as estimacións sanitarias, e clasificado pola OMS vai xa 34 anos como carcinóxeno do grupo 1.

Postos de traballo canceríxenos: o Estado español controlará o radon con cinco anos de atraso

11-11-2022 - RADON

España é o único país da UE que aínda non traspuxo a Directiva 59/2013/EURATOM, que obriga a todos os estados membros a medir e controlar o radon en vivendas, colexios, edificios públicos, lugares de traballo, etc. Fai catro anos e medio, o 6 de febreiro de 2018, prescribiu o prazo máximo para poñer en marcha un Plan Nacional contra o Radon. Neste contexto celebrouse o II Congreso Nacional de Radon, organizado pola iniciativa Vive sen radon do Instituto para a Saúde Xeoambiental, e no que participaron unha ducia de expertos e técnicos de primeiro nivel sobre a problemática deste gas radioactivo.

Radon nos lugares de traballo, como abordalo?

21-06-2022 - INSST

Os efectos do radon sobre a saúde investigáronse ao longo de varias décadas. Recentemente, ditas investigacións achegaron probas convincentes de que existe unha relación causal entre o radon en interiores e o cancro de pulmón. A través deste artigo, publicado no Nº 109 da revista Seguridade e Saude no Traballo, o INSST pretende orientar ás empresas acerca de como proceder para avaliar e controlar este risco

O CSN publica un estudo de intercomparación da concentración de radon en aire baixo diferentes condicións ambientais

08-06-2022 - CSN-Consello de Seguridade Nuclear-

Estas campañas periódicas de intercomparación e os seus resultados permiten ao Consello de Seguridade Nuclear verificar a adecuada resposta dos novos dispositivos de medida que se incorporan ao mercado e dispoñer de información de base para revisar ou validar as súas directrices e recomendacións sobre a medición do radon no aire.

Guía Acción fronte ao Radon

29-07-2021 - RADON

Esta Guía pretende ser, por unha banda, unha ferramenta fundamental para os proyectistas ante o reto de deseñar solucións de protección fronte ao radon e, por outro, unha fonte de información para os usuarios de edificios afectados, para que coñezan de forma aproximada o alcance das solucións posibles, así como as distintas vías de entrada do radon no edificio e a influencia que pode chegar a ter o comportamento dos propios usuarios na concentración deste gas.

Guía de Rehabilitación fronte ao radon

22-11-2020 - RADON

O obxectivo da Guía de Rehabilitación fronte ao radon é constituír unha ferramenta de axuda para o deseño de solucións de protección fronte ao radon. Proporciona os conceptos fundamentais necesarios que apoian o correcto diagnóstico das vías de entrada do radon, ilustra o proceso de realización das medicións de radon, así como presenta as solucións de protección e proporciona criterios para a elección das solucións máis adecuadas a cada caso.

O Radon e a lexislación vixente

07-11-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 33

O radon é un gas radioactivo de orixe natural, que tende a concentrarse en interiores, como en vivendas, escolas e lugares de traballo. Segundo o estudo multicéntrico “Small Cell”, publicado en Arquivos de Bronconeumoloxía, revista científica da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ), o radon desempeña un papel importante na aparición e desenvolvemento de cancro de pulmón de células pequenas (CPCP) ou cancro microcítico, un tipo especialmente grave do cancro de pulmón que adoita evolucionar en metástase e desgraciadamente en non poucas ocasións provoca a morte do paciente. Para determinar a influencia deste gas no desenvolvemento de cancro microcítico, proveuse aos pacientes participantes no estudo de detectores de gas radon, que debían colocar no dormitorio principal durante tres meses, concluíndo que, de 113 casos de cancro estudados, 63 teñen a súa orixe na exposición ao gas radon.

Radon un risco para ter en conta

29-03-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 23

O gas Radon foi descuberto en 1900 por Friederich Ernst Dorn, pero será na década dos 80 cando estudos realizados en traballadores/as expostos ao gas permitiron establecer a relación entre a exposición ao radon e o cancro de pulmón. Nos últimos anos desenvolveuse unha crecente preocupación entre a comunidade científica de Galiza, debido á constatación da presenza de radon en vivendas e centros de traballo, polo risco que a exposición a este gas ten para a saúde.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS